martes, 21 de abril de 2020

"Día do Libro" confinado e virtual




Como xa ocorrera co Día do Libro Infantil, a celebración do Día do Libro, que se celebra este xoves 23, en memoria da data na que faleceron Cervantes, Shakespeare e o Inca Garcilaso, será atípico. 


 


A pandemia de coronavirus obriga a reformular a súa celebración polo que as Bibliotecas Municipais de Redondela a trasladan por completo ás redes sociais e ondas radiofónicas. 

 



Nese día farase pública a felicitación das Bibliotecas Municipais de Redondela a través dun cartaz deseñado para a ocasión.




Tamén, como cada ano nesta data, coñeceranse os nomes dos Mellores Lectores Adultos do Ano 2019 


Asección radiofónica #quedanacasaeleradio, que vén tendo lugar desde o inicio do confinamento nas ondas da Radio Municipal, estará dedicada á efeméride







Así mesmo, desde as redes sociais, os libreiros de Redondela e o persoal bibliotecario felicitarannos neste día tan emblemático para o sector da lectura .
  



Para rematar, a través dunha montaxe videográfica, unha trintena de bibliotecas municipais de Galicia, entre as que se atopan as do noso municipio, compartirán nas súas redes sociais os seus mellores desexos nesta data









Kuala Lumpur, Capital Mundial del Libro 2020






No hay comentarios: