#quedanacasaele, a campaña que lanzamos dende as bibliotecas municipais para promover a lectura como ferramenta terapéutica neste encerro, ten o seu reflexo tamén en Radio Redondela.
Durante o tempo de duración do
confinamento, o persoal das bibliotecas vén compartindo nas ondas municipais recomendacións e propostas de carácter literario, iniciativas
culturais nas redes sociais e outras moitas cousas que axuden a
enriquecer estes días de confinamento.
A sección desenvólvese, diariamente, dentro do programa matinal "A Estación" durante os días laborables.
Para facilitar o acceso ao contido, a sección compártese tamén no noso Facebook e no da propia emisora. Do mesmo xeito, poderedes acceder a el, en calquera momento, nesta entrada do noso blogue, picando encima de cada imaxe.
#quedanacasaeleradio
Programa emitido o 21 de maio nas ondas de Radio Redondela |
Programa emitido o 5 de maio nas ondas de Radio Redondela |
No hay comentarios:
Publicar un comentario