As Bibliotecas Municipais de Redondela premiamos aos mellores lectores do ano polo Día do Libro
Con motivo da celebración do Día Internacional do
Libro as Bibliotecas Municipais de Redondela distinguimos,
como en edicións anteriores, aos lectores, maiores de 14 anos, que
maior uso realizaron do servizo de préstamo no pasado ano, atendendo aos
datos que rexistraron as nosas estatísticas.
Os lectores galardoados nesta ocasión son:
Sheyla Fernández (nas imaxes inferiores) na Biblioteca P. M. Valle-Inclán de Redondela e José Lorenzo na Biblioteca P. M. Xela Arias de Chapela (Redondela).
O pasado 2 de abril, data na que se conmemorou o Día do Libro Infantil, foron galardoados os lectores menores de 14 anos: os irmáns xemelgos Brais e Adrián, de cinco anos, na Biblioteca de Redondela e David Fernández, tamén de 5 anos, na de Chapela.
Esta
iniciativa ten por obxectivo fomentar a lectura e premiar a fidelidade
dos usuarios que máis libros retiraron ao longo do ano anterior.
Na web de Radio Redondela
Na web do concello
Na web de Radio Redondela
Na web do concello
No hay comentarios:
Publicar un comentario