domingo, 21 de junio de 2020

A importancia dunha bolsa


Ao pasar o tempo, cando lembremos a apertura das bibliotecas de Redondela tras o confinamento, o primeiro que nos virá á cabeza e ao corazón serán ás "Bolsas Sorpresa" que naceron coa intención de facilitar o achegamento aos libros das bibliotecas nuns momentos nos que, fisicamente, non se podía acceder aos mesmos. Pero, ao final, o achegamento que primou, por encima de todos, foi o d@s lector@s coa propia biblioteca e o seu persoal, producíndose encontros, conversacións, mensaxes de correo electrónico, etc, entrañables e cheos de agarimo.
 Esta entrada pretende ser unha homenaxe e un sentido agradecemento a tod@s @s que participastes nesta campaña. Aquí, iremos incorporando todas as referencias que atopemos á "Bolsa Sorpresa" pola vosa e a nosa banda e que demostran, agora, e demostrarán, no futuro, o importante que foi esta acción na súa sinxeleza.











No hay comentarios: