sábado, 23 de mayo de 2020

"Bolsa Sorpresa" para ler e ver

     

Como vos comentamos nas entradas anteriores, podedes acceder ao noso catálogo e ás listas de novidades para buscar, nestes momentos nos que non se pode acceder dun modo físico á colección, o libro que vos poida interesar.

 Pero querémosvos facilitar outro modo divertido de "escoller" lectura: deixádeo nas nosas mans e recollede, nunha bolsa pechada, a modo de "cita a cegas", o voso pack de lectura, que incluirá dous libros máis unha película de vídeo (se así o queredes).


Enviade un correo electrónico co asunto "Bolsa Sorpresa" á biblioteca á que queirades solicitar os libros: bibliotecaredondela@redondela.gal ou bibliotecachapela@redondela.gal, solicitando o  préstamo e avisarémosvos de cando podedes pasar a recollelo.

 Quen sabe!🤔 quizais vos atopedes con lecturas que nunca escolleriades e que descubrides que vos encantan😍...ou non😇😉...

Na web do concello

En  Radio Redondela


No hay comentarios: