miércoles, 23 de diciembre de 2020

A poeta Xela Arias, homenaxeada nas Letras Galegas de 2021


Aproveitamos esta entrada para difundir unha nova que coñecemos onte pola tarde e que nos encheu de ledicia:

A poeta e tradutora Xela Arias será a homenaxeada en 2021 pola Real Academia Galega ao dedicarlle o Día das Letras Galegas do ano que vén. A institución quere así render tributo a “unha voz singular da xeración que anovou nos anos 80 a poesía galega en temas, estilo e forma”.

A Real Academia Galega tamén quere recoñecer “o seu labor pioneiro na tradución ao galego de clásicos universais e como editora”.

Xela Arias será a quinta muller á que se dedica as Letras Galegas, dun total de 58 homenaxeados. Antes ca ela foron Rosalía de Castro, Francisca Herrera, María Mariño e María Victoria Moreno

A poeta dá nome á Biblioteca de Chapela, por votación popular, dende o 2018 por iso desde as Bibliotecas municipais nos sentimos espècialmente contentos por este recoñecemento á súa figura.

 

A nova no Faro de Vigo.

 

 

No hay comentarios: