viernes, 26 de noviembre de 2010

Pippi Calzaslargas cumpre hoxe 65 anos

O 26 de novembro de 1945 saíu á venda o famoso libro de Astrid Lindgren. A idea para realizar a historia comezou cando a filla de sete anos da escritora estaba enferma e a súa nai decide inventar un conto para ela. Dous anos despois cando Lindgren rompe unha perna comeza a escribir a historia, e pouco despois sairía publicada.
As aventuras de Pippi Långstrump, ou Pippi Calzaslargas, tratan dunha nena de coletas roxas, alegre, e pouco convencional, que moitas veces desobedecia as normas establecidas polos adultos. Era rebelde, loitadora e o seu obxectivo na vida era ser feliz. A nena que leva calcetíns por encima do xeonllo, encaixou perfectamente cos ideais de mozos e adultos mergullados na revolución cultural do 68 e conquistou ao mundo. Primeiro a través dos libros, logo cunha película e finalmente cunha serie que faría de Pippi un fenómeno universal.
En 1968 comezou a rodarse a serie sueco-alemá que narraba as aventuras da nena. Xa se fixera unha película 20 anos antes pero a Astrid Lindgren, a creadora do personaxe, non lle gustou polo que se comprometeu co novo proxecto e xunto co director Olle Hellbom seleccionarían a Inger Nilsson para o que sería o papel da súa vida.
Monográfico sobre Astrid Lindgren e Pippa

1 comentario:

Anónimo dijo...

Unha novela preciosa e moi divertida. Lémbroa coma unha das miñas favoritas na miña infancia.