A entrada do Multiúsos da Xunqueira de Redondela acolle, desde o pasado venres 26, unha exposición dedicada á escritora e xornalista Jella Lepman (1891-1970) que creou en 1949 a Biblioteca Internacional da Mocidade en Munich, un dos proxectos cos que contribuíu ao entendemento internacional a través da literatura infantil .
A
exposición articúlase contorna a unha selección bibliográfica de
autores infantís e xuvenís que recibiron desde 1956 ata a actualidade o
Premio Hans Christian Andersen, considerado o máis alto galardón outorgado na literatura infantil e xuvenil e coñecido como o Pequeno Premio Nobel.
Aquí todas as fotografías:
Aquí todas as fotografías:
A xoia da mostra son os “Cuentos de las Buenas Noches”, JellaLepman
(1951), nunha 1ª edición da editorial Juventud do ano 1967, unha rareza
de moi difícil localización . Este libro contén unha selección de
historias para durmir elaborada a partir da colaboración de cidadáns
anónimos que enviaron miles de historias das que se fixo unha selección
publicada orixinalmente en tres volumes.
Na inauguración da exposición estivo presente Teresa Zataraín, editora para España da autobiografía de JellaLepman "Un puente de libros infantiles", Javier Bas,
alcalde de Redondela, Mª Teresa París, concelleira de Cultura, Telmo
Crespo, secretario da Fundación Filomena Rivero Alonso, organizadora da
exposición, e Mª Elena Becerra, bibliotecaria das Bibliotecas Municipais de Redondela colaboradoras da mesma.
Mª Teresa París, concelleira de Cultura, Teresa Zataraín e Telmo Crespo, da Fundación Filomena Rivero Alonso |
En Radio Redondela
En redondela.gal
No Faro de Vigo
No Atlántico Diario
No hay comentarios:
Publicar un comentario