Preme nas imaxes para ver as fotografías |
Un grupo de usuarios de COGAMI achegouse esta mañá á Biblioteca de Chapela para visitar a exposición "Os obxectivos do desenvolvemento sostible: un camiño para acabar coa pobreza e as desigualdades alá e acolá", organizada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, e que pode visitarse nestes días no Multiúsos de Chapela grazas á colaboración das Bibliotecas Municipais.
A mostra achéganos dun xeito orixinal os 17 Obxectivos do Desenvolvemento Sostible (ODS), fixados polas Nacións Unidas dentro da Axenda 2030. Nela cada un destes ODS está representado por unha viñeta dun autor/a, tanto de Galicia coma de países africanos da
Lusofonía (Mozambique, Cabo Verde e Guinea-Bissau neste caso). A través
das obras destes 15 debuxantes, preténdese fomentar
a reflexión, a nivel local e global,
sobre temas como a loita contra a fame, o acceso á saúde e á
educación, a equidade de xénero ou a protección do planeta. Ao
tempo, búscase concienciar sobre as medidas que cadaquén pode tomar
e/ou esixir ao respecto.
Agradecemos a COGAMI o ter visitado a nosa biblioteca por segundo ano consecutivo e por festexar con nós, a través desta actividade, o 50 aniversario das bibliotecas redondelanas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario