lunes, 22 de octubre de 2018

Exposición sobre os Obxectivos do Desenvolvemento Sostible no Multiúsos de Chapela grazas ao Fondo Galego



Desde o 25 de outubro e ata o 11 de novembro poderedes visitar no Multiúsos Piñeiral do Crego de Chapela, a exposición Os Obxectivos do Desenvolvemento Sostible, un camiño para acabar coa pobreza e as desigualdades alá e acolá.

A mostra achéganos, a través dun formato novidoso: 17 grandes estruturas de cartón ilustradas con cadansúas viñetas representativas dos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible (ODS)

Os ODSfixados por Nacións Unidas dentro da Axenda 2030, son obxectivos que buscan erradicar a pobreza, a fame, as desigualdades e a destrución do planeta, e se plantexan tanto como unha meta na acción global e internacional como obxectivos no contexto máis próximo e local, a todos os niveis.

As viñetas da exposición foron elaboradas por 15 ilustradores e ilustradoras, tanto galegos como de países africanos da Lusofonía como son Mozambique, Cabo Verde e Guinea-Bissau.

Dita exposición, organizada e coordinada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade poderá visitarse no noso municipio grazas á colaboración das Bibliotecas Municipais de Redondela.


As bibliotecas municipais de Redondela colaboran e participan nesta exposición polo seu especial interese en difundir estes obxectivos, pero tamén como un xeito de reivindicar a súa e labor social como institucións, xa que o traballo de cara a estas metas forma parte da misión primordial das bibliotecas.
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está formado por case 100 concellos e diputacións galegas, que cooperan xuntos para levar adiante iniciativas de cooperación e solidariedade con enfoque de Dereitos Humanos cos países menos desenvolvidos ou máis empobrecidos. Actualmente o Concello de Redondela ocupa a vicepresidencia do mesmo. 
Animámosvos a visitar a exposición e a aprender sobre como podemos, cada un de nós, participar na mellora do noso mundo local e global.

No hay comentarios: