Este xoves o grupo Ceo Aberto despregou a súa maxia científica máis abraiante para enfeitizar aos rapaces e rapazas da Biblioteca Xela Arias de Chapela.
O obradoiro "A ciencia de Harry Potter" anunciado dentro da programación infantil das nosas bibliotecas municipais, colgou o cartel de completo nesta proposta tan atraente e innovadora. Un total de 40 rapaces e rapazas, fans de Harry Potter e/ou apaixoados da ciencia gozaron dunha exhibición abraiante de experimentos científicos moi divertidos.
Un xeito inmellorable de xuntar divulgación, ciencia, experimentos coa electricidade, literatura, maxia e fantasía nunha única tarde dentro do espazo dunha biblioteca... e cuns participantes moi motivados aos que lles agradecemos o seu entusiasmo.
Grazas por participar!
A actividade tivo lugar dentro do programa Ler conta Moito da Consellería de Cultura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario