jueves, 10 de abril de 2014

Kamishibai nos centros escolares co Obradoiro Empregaverde de Redondela

A colaboración das Bibliotecas Municipais de Redondela co grupo de Dinamización Cultural e Actividades de Tempo Libre do Obradoiro Empregaverde, ven de dar os seus froitos.
 Tralo obradoiro de Kamishibai que celebramos as bibliotecas na Aula de formación de Pousadouro, o alumnado deste curso traballou na elaboración do seu propio conto de kamishibai, adaptando o conto de Rato Tom e Rata Tomasa, da editora Oqo.
O certo é que o resultado non pudo ser mellor. O conto quedou fermoso, tenro e moi simpático, cunhas ilustracións moi coloristas e animadas.

Xa rematado, tocaba a "estrea", e foron dous centros de ensino de Chapela os que puderon gozar da experiencia.

O CEIP de Laredo, a primeira hora desta mañá.
 

O CEIP da Igrexa, a finais da mañá.
 
 
Ademáis, os escolares fixeron os seus debuxos dos personaxes do conto, inventando os finais que mais lles gustaran.

No Ceip Laredo:

 No Ceip Igrexa:
Mañá estes contadores noveis do Obradoiro Empregaverde recibirán a un centro de Educación Infantil na Biblioteca Municipal de Redondela, e agardamos que a experiencia sexa tan boa como a de hoxe. A eles queremos agradecerlles moitas cousas, pero sobre todo, a elaboración dun conto tan fermoso como este, e tamén a graza con que llelo contaron aos cativos de Redondela.

Ademáis, o conto pasará a formar parte dos fondos das Bibliotecas Municipais de Redondela, para que outros usuarios podan gozar del.

Grazas polo voso traballo, sodes uns artistas!

2 comentarios:

Marta Alvarez dijo...

Muchas gracias a vosotros por darnos la oportunidad de disfrutar de esta experiencia tan bonita.

Novas das Bibliotecas dijo...

Xenial! Porque nos gustou moito a todos, ás bibliotecas e mais aos centros de ensino tamén ;-)