Nese ano, o Concello de Redondela convidara á cidadanía a participar na elección dun nome para a Biblioteca situada no Multiúsos do Piñeiral do Crego, na parroquia de Chapela.
Foi o nome de Xela Arias, proposto pola biblioteca do IES Chapela, instituto no que ela deu clases, o escollido entre varias suxestións de nomes de persoeiros vencellados á literatura e mais á lingua galega que foron achegados pola veciñanza. A escolla recibiu a aprobación unánime do Pleno municipal en novembro dese ano.
Nunha cerimonia que tivo lugar xa no 2019, distintas autoridades descubriron a placa conmemorativa que asignaba o nome de "Biblioteca Pública Municipal Xela Arias" á biblioteca de Chapela. Ademáis un mural lembra á escritora na entrada interior da biblioteca, en cuxa fachada tamén se gravou o nome de Xela.
Ao acto asistiran entre outros Manuel Bragado, pedagogo, escritor e vencellado á editorial Xerais, da que foi o seu director durante 24 anos, unha representación do IES de Chapela, onde Xela Arias levou a cabo labores docentes e tamén o fillo, a nai e mais un irmán da poetisa falecida en 2003.
Cerimonia nomeamento da biblioteca Xela Arias. Fotografía Atlántico Diario |
Familiares de Xela Arias na cerimonia de nomeamento da biblioteca. Fotografía de Alba Villar, para Faro de Vigo |
- O programa radiofónico "Xela a diario", coordinado e conducido pola dinamizadora cultural Ana Facchini.
- O encontro virtual cos centros de ensino superior de Redondela ao redor da figura da autora lucense, coa participación da filóloga Chus Nogueira e mais Darío Gil, o fillo de Xela Arias.
- O vídeo “Buscando a Xela”, videovisita á biblioteca para coñecer á escritora, coa dirección e interpretación de Raquel Queizás e a gravación de Fernando Carreira.
Grazas, Xela, polo teu legado e por significar tanto para a cultura galega. Grazas polo vencello que te une ás nosas bibliotecas municipais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario