Mostrando entradas con la etiqueta Bibliotecas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Bibliotecas. Mostrar todas las entradas

jueves, 11 de junio de 2020

Atópanos

As nosas bibliotecas municipais están xeolocalizadas, e podedes atopalas nalgúns directorios e recompilacións de bibliotecas que se poden atopar pola rede.

A Rede de Bibliotecas de Galicia ten elaborado o Directorio da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, onde se recollen centros bibliotecarios de diferente natureza da nosa comunidade autónoma, e onde podes atopar as sedes das nosas bibliotecas:

https://rbgalicia.xunta.gal/gl/rede/directorio-mapa?field_biblios_prov_concello_tid=All


#DeBibliotecaEnBiblioteca
Recompilación das bibliotecas favoritas mencionadas polos usuarios de Twitter co hashtag #DeBibliotecaEnBiblioteca.
 Din que un esquío podía percorrer España saltando de árbore en árbore sen tocar o chan. Hoxe, a percorremos con #DeBibliotecaEnBiblioteca, o mapa do #BiblioTurismo.
Unha iniciativa da Biblioteca de Montijo
Busca a túa, está? Senón, compártea co hashtag #DeBibliotecaEnBiblioteca, no Twitter.


O mapa das Bibliotecas Españolas
Máis de 8.000 bibliotecas españolas xeolocalizadas nun mapa, elaborado polo wikimedista Ángel Obregón. Este profesor universitario descargou os datos do Directorio de bibliotecas españolas do Ministerio de Cultura e Deporte para envorcalos en Wikidata, unha base de coñecemento libre que funciona como un repositorio central de datos estruturados.

Pica aquí

E, por suposto, non podía faltar o máis coñecido: Google Maps. Neste mapa recollen a información actualizada dos nosos centros.

https://www.google.es/maps/search/BIBLIOTECAS/@42.2587845,-8.8139264,44572m/data=!3m1!1e3!4m2!2m1!6e2


martes, 26 de junio de 2018

Participamos nas xornadas sobre a axenda de desenvolvemento sustentable organizadas para persoal de bibliotecas

Os participantes fotógráfanse xuntos ao rematar a xornada

As bibliotecas de Redondela estivemos representadas nas xornada de traballo As bibliotecas como aliadas na consecución dos obxectivos de desenvolvemento sustentable e a Axenda 2030, unha iniciativa da IFLA (a Federación Internacional de Bibliotecas) enmarcada no International Advocacy Programme (IAP). O IAP é un programa de acción e sensibilización que IFLA dirixe ás asociacións nacionais para que á súa vez traballen coas asociacións e profesionais de cada un dos países. 

Deste xeito unha asociación nacional de bibliotecarios FESABID (Federación Española de Sociedades de Archivística, Biblioteconomía, Documentación e Museística) foi a encarregada de realizar este obradoiro, xunto con BAMAD Galicia, a asociación correspondente de ámbito galego. O obradoiro realizouse na biblioteca Ágora de A Coruña.

Temos que dicir que estamos moi agradecidos por participar, xa que as impresións foron moi boas. Realizamos unha serie de actividades para coñecer e familiarizarnos coa Axenda 2030 da ONU e os seus 17 obxectivos, e para valorar como as bibliotecas podemos aportar o noso gran de area nesta mellora colectiva para as nosas sociedades.

O Fondo Galego de Cooperación, que leva traballando a fondo con esta axenda de obxectivos tamén estivo presente na actividade.

Grazas por todo a Bamad Galicia e mais a Fesabid por facelo posible.

domingo, 22 de octubre de 2017

Raquel Queizás traeranos a súa Romaría, para festexar en Chapela o Día das Bibliotecas



Dentro da nosa celebración do 24 de Outubro, Día da Biblioteca, tócalle agora o turno á Biblioteca de Chapela. Este venres convídavos a un fermoso espectáculo de narración oral, titulado Romaría, escenificado por unha das máis grandes narradoras da nosa terra, Raquel Queizás. 

Romaría é un espectáculo de narración oral onde as nosas lendas tradicionais achegan o mundo rural e antigo aos rapaces, descubríndolles un modo de vida descoñecido para os máis deles.

Queliña, unha nena de aldea, ten que rematar de apañar as patacas para que a deixen ir á romaría. Alí quedou cos amigos para brincar, bailar e facer carreiras de sacos. Cara á tardiña, antes de que remate a festa, todos os rapaces buscan a avoa Tareixa para que lles conte lendas, lendas para perder o medo.

Será o Venres 27 de Outubro, ás 18:30 h., na biblioteca de Chapela.

  • O contacontos está dirixido para rapazada a partir de 3 anos.
  • Entrada libre, ata completar aforo.
A actividade desenvólvese grazas ao programa "Ler conta moito" da Rede de Bibliotecas de Galicia.

miércoles, 18 de octubre de 2017

24 de Outubro, Día da Biblioteca


Desde de 1997, cada 24 de outubro conmemórase o Día da Biblioteca, unha iniciativa da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, co apoio do Ministerio de Cultura, en recordo da destrución da Biblioteca de Saraievo incendiada o 1992 durante a Guerra dos Balcáns. Esta conmemoración naceu para trasladar á opinión pública a importancia da biblioteca como lugar de encontro dos lectores de todas as idades coa cultura, e como un instrumento de mellora da formación e a convivencia humana.


Cada ano encárgase a un escritor e a un ilustrador, ambos de recoñecido prestixio, a redacción do pregón e o deseño do cartel que se difunde entre todas as bibliotecas de España, asociados e interesados. Este ano os elixidos foron o Premio Nacional de Literatura Infantil 2016, Alejandro Palomas, e o ilustrador Manuel Marsol, último gañador do Premio Internacional de Ilustración Feira de Bolonia-Fundación SM.

TEXTO DO PREGÓN:

Como Mary Poppins pero sin volar
Soy sobrino de bibliotecaria. Desde que tengo memoria, mi tía, que acaba de cumplir ochenta años, me ha regalado un libro el día de mi cumpleaños. Primero fue la serie de Osear, con su Kina y su láser, de la gran Carmen Kurtz; llegaron después las aventuras de Los Cinco, algunos clásicos ilustrados, la gran Nada de Carmen Laforet… La lista es larga y el disfrute ha sido mágico, porque mi tía entiende la lectura como algo que cura, que aleja al inocente de lo que agrede, y yo -y ella lo sabe- siempre he sido demasiado vulnerable a lo que daña, sea o no imaginado, sea o no real.
Mi tía se llama Nuria y desde niña sufre mucho de la vista. Aun así, trabajó durante décadas fomentando el amor por la lectura en hombres y mujeres, chicos y chicas a los que no conocía, pero cuya mirada no tardó en aprender a leer, a identificar y a descifrar. Ella decía -y a veces dice todavía- que “repartía refugio”, y se emociona al recordarlo. La he oído también confesar en algunos momentos de nuestra historia común, que no fueron fáciles y que vivimos juntos: “Decidí ser bibliotecaria porque así me aseguraba de que, por muy mal que nos fueran las cosas, aunque faltara el agua caliente o la calefacción, siempre tendríamos un libro en casa”. Ahora, quince años después de su jubilación, soy yo quien le recomienda lecturas. Leemos un libro a la vez y nos juntamos cada quince días a coomer y a comentar lo leído, en lo que hemos bautizado como “El club de las 2”, porque intentamos en lo posible que coincida con el día 2 de cada mes, a las 2, y porque somos dos almas lectoras que no tienen freno. Durante estos años de club, ella me ha contado cosas, muchas cosas de su vida en la biblioteca, y desde que la oigo hablar como lo hace sobre su amor por esa vocación, que no decrece a pesar del tiempo, no puedo dejar de maravillarme y de preguntarme cómo definiría yo a una bibliotecaria -o a un bibliotecario- llegado el caso.
Hasta hace unos meses no di con la respuesta.
Fue a raíz de la publicación de Un hijo, durante una charla en un centro de enseñanza de una capital andaluza. Y fue precisamente gracias a un niño de diez años que, junto con otros 1OO, había leído la novela y quería conocer a su autor. Por motivos de espacio, el acto tuvo lugar en la biblioteca del centro, con un par de profesoras y la encargada de la biblioteca. La charla fue muy intensa, mucho más de lo que yo esperaba, y se alargó. Cuando por fin llegamos al final del turno de preguntas, un niño que estaba sentado en la primera fila levantó la mano.
-A mí lo que más me ha gustado del libro es María -dijo refiriéndose a la orientadora del centro, que es, junto con el pequeño Guille, la protagonista del libro.
Quise saber por qué. El niño, llamado Ismael, se rio un poco y luego, mirando a una de las tres mujeres que estaban junto a la puerta. dijo:
-Porque es igual que la seño Lourdes. -Una de las tres mujeres que estaban junto a la puerta se encogió un poco y negó con la cabeza, incapaz de reprimir una sonrisa. Ismael no había terminado-. Vive en la biblioteca porque si no los libros a lo mejor se van. O se mueren.
Se hizo el silencio en la biblioteca. Nadie se rio. Nadie dijo nada. Fueron segundos llenos de respiraciones contenidas, de tensión y de infancia.
-Es que es bibliotecaria -volvió a hablar Ismael. Y al ver que yo lo miraba sin saber qué decir, debió de entender que necesitaba explicarse mejor, y añadió-: O sea, como Mary Poppins, pero sin alas.
Hoy es un día especial. Celebramos el Día de las Bibliotecas y celebramos también que cientos, miles de Mary Poppins sin alas velan por los libros que las habitan para que no se mueran ni se vayan, e Ismael siga creyendo que la vida está en los libros y su reflejo fuera. Hoy es el día en que, un año más, la magia se renueva y todas las bibliotecarias y bibliotecarios del mundo se saludan con una mirada cómplice y un largo. hermoso y tierno:
“Supercalifragilísticoespialidoso”.


Dentro de dita celebración do 24 de outubro, as Bibliotecas municipais de Redondela preparan cadanseu contacontos para celebralo cos máis cativos.

  • O venres 20 de outubro, ás 18:30 h., na Biblioteca Valle-Inclán de Redondela:“Rebeca Atencia de misión no Congo” con Polo Correo do Vento, un contacontos ilustrado dedicado a Rebeca Atencia, veterinaria ferrolá e colaboradora de Jane Goodall.
Para crianzas a partir de 4 anos.

  • O venres 27 de outubro, ás 18:30 h., na Biblioteca de Chapela Raquel Queizás achéganos “Romaría: contos e lendas da nosa terra” .
Para crianzas a partir de 3 anos.

En ámbolos dous casos a actividade é libre e de balde, e conta co financiamento do programa Ler conta Moito.

viernes, 6 de octubre de 2017

Unha pequena biblioteca vai agromando... en COGAMI

Que nova tan ilusionante!
Como todas as tardes no centro mosense de COGAMI, esta lectora acude ao seu rincón favorito para gozar dos libros


Estes días chegounos a noticia de que COGAMI ven de preparar un rincón de lectura nas súas instalacións de Mos, e tamén que os seus usuarios están a tirarlle un moi bo partido.

Orgullosos e ledos recibimos esta nova, por saber da nosa modesta pero importante contribución neste ilusionante proxecto.

Os usuarios deste centro de atención visitaron a Biblioteca de Chapela no mes de Maio, onde recibiron información sobre como funcionan as bibliotecas públicas, as súas funcións e os servizos que proporcionan a todas as persoas. Falamos de libros e de literatura e achegámoslles algúns dos nosos álbumes ilustrados favoritos para adultos, que lemos xuntos durante a visita.

Usuarios/as de COGAMI na súa visita á Biblioteca de Chapela
As Bibliotecas Municipais fixemos entrega a COGAMI dalgúns libros que vimos de recibir como doazóns nos últimos meses e dos que non precisamos, por ter xa repetidos, pero que serán de moita utilidade para o centro.

Aledámonos de que a visita deste colectivo ás nosas instalacións sexa o fío de enlace con esta biblioteca agromante, e agardamos futuras oportunidades para cooperar con eles no que lles guste.

Grazas por compartir a vosa ilusión con nós! 

viernes, 31 de marzo de 2017

Os nosos compañeiros das bibliotecas de Redondela no Salón do Libro de Pontevedra


Orbil, mascota do Salón, recibiu a todos os bibliotecarios e participantes no obradoiro
Este domingo, o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra chega ao seu fin ata a vindeira edición.

A deste ano foi unha XVIII edición adicada a "O mundo que queremos" e que ofreceu , animación, exposicións, teatro e moitos moitos libros infantiles e xuveniles para a rapazada e para os que non somos tan cativos.

Pero tamén ofrecían unha actividade para bibliotecarios, organizada pola asociación BAMAD Galicia, e nela puderon participar os nosos compañeiros Cote e Mª José.

Co título: "Máis alá dos estantes", o obradoiro estaba destinado a persoal de bibliotecas, e impartido pola coñecida actriz e contadora Bea Campos. Nel participaron, xunto cos nosos compañeiros, colegas de toda Galicia, e tamén profesores, músicos, pais, nais...


Acompañounos tamén outro magnífico redondelán, Rafa, animado a aprender sobre a arte de contar contos.

Dixéronnos que o pasaron moi ben, que ata contaron contos.... e que lles soubo a pouco!
Os participantes no obradoiro, xunto con Bea Campos e algúns dos libros que protagonizaron a sesión

lunes, 2 de mayo de 2016

2 de maio: celebramos a nosa patroa

Hoxe, 2 de maio, os bibliotecarios celebramos á nosa patroa, Santa Wiborada
W
iborada foi a primeira muller canonizada por un Papa e, no seu convento de San Galo, foi unha parte activa da rica biblioteca do mosteiro, unha das máis famosas da época, para a que encadernaba libros, organizaba manuscritos e outros labores, sen contar con ningún tipo de programa de xestión.
Unha visión de Wiborada, a conquista e profanación por parte dos húngaros, permitiu salvar a biblioteca (cuxos materiais trasladaron), e ás persoas que traballaban nela, con todo, ela cumpriu a súa promesa e permaneceu encerrada no mosteiro.
Cando chegaron os húngaros, nada había nel, salvo unha monxa emparedada. Facendo gala dunha enorme crueldade, tiraron o tellado da súa cela teza a teza, a torturaron e a remataron cunha machada; así Wiborada morreu como mártir.
Por salvar a biblioteca, polos seus consellos sempre sabios e os seus dons de ciencia, Santa Wiborada é a patroa dos bibliotecarios.
A súa imaxe represéntase cun manuscrito e un machada, símbolo do seu martirio
¡Felicidades aos nos@s compañeir@s!

viernes, 26 de febrero de 2016

Reunión GE Plan Local de Lectura

Onte, en Madrid, cuns estupendos profesionais e compañeiros,
-Beatriz Callén Polo
Gestor Cultural
La Puebla de Alfindén
-Pilar Bes Gracia
Coordinadora Técnica de Bibliotecas
Centro Coordinador de Bibliotecas Municipales de Zaragoza
-Cristina Bellver Coll
J.S. Material didáctico y Bibliotecas Escolares.
D.G. de Innovación y Comunidad Educativa.
Consejería de Educación y Universidad
Govern de les Illes Balears.
-Jesús Arana Palacios
Negociado de Formación, Fomento y Difusión
Servicio de Bibliotecas. Dirección General de Cultura-Institución Príncipe de Viana. Gobierno de Navarra
-José Manuel Garrido Argandeña
Docente
Extremadura
-Martha R. Villabona García
Jefa de Servicio
Proyecto de Alfabetizaciones Múltiples
Centro Nacional de Innovación e Investigación Educativa (CNIIE). MECD
-Javier Serena
Jefe de Área de Promoción de la Lectura y del Libro
Subdirección General de Promoción del Libro, la Lectura y las Letras Españolas

viernes, 13 de noviembre de 2015

María Antonia no seu bibliobus


  Nunha entrada pasada neste blog falamos da campaña #vivalabiblio na que  os lectores manifestaban o seu amor á súa biblioteca. A campaña consistiu no envío por parte dos usuarios das bibliotecas públicas españolas dun tuit expresando a súa satisfacción no uso das bibliotecas que cada un utiliza de forma habitual.
 
     Aquí, na biblioteca, fíxonos moita ilusión esta homenaxe pois tivemos a sorte de coñecer a María Antonia nun curso organizado pola Universidade de Verán Menéndez Pelayo. É unha persoa encantadora e namorada do seu traballo. De cando en vez envíanos os seus queridos bibliobuses para que nas bibliotecas de Redondela teñámolos moi presentes. Así o facemos,  compañeira.

 
             Noraboa, María Antonia e adiante co teu fantástico labor!

miércoles, 4 de noviembre de 2015

#‎vivalabiblio

Do Observatorio de la Lectura y el Libro:

"El pasado 30 de octubre anunciamos el tuit ganador de la campaña ‪#‎vivalabiblio‬, una iniciativa con la que el Observatorio de la Lectura y el Libro animamos a que los usuarios de Twitter
declararan su amor por las bibliotecas y por los bibliotecarios del 19 al 25 de octubre. El mensaje fue remitido por @cp24002238, cuenta correspondiente al Centro de Educación Infantil y Primaria “San Ildefonso” (Camponaraya, León), que envió un precioso vídeo dedicado a la biblioteca escolar y a los bibliobuses, esas bibliotecas móviles capaces de acercar los libros a los lugares más recónditos de nuestro país. En su mensaje felicitaban por su labor a Mª Antonia, la bibliotecaria del Bibliobús del Bierzo.
https://youtu.be/UqslspI28DA




 
 De esta manera damos por finalizada la campaña #vivalabiblio, una iniciativa cuya acogida ha superado todas nuestras expectativas. En la semana que la campaña ha estado activa hemos recibido cerca de 2.000 tuits de más de 1.200 usuarios únicos que han manifestado su admiración por alguna biblioteca o bibliotecario. Asimismo la etiqueta #vivalabiblio se utilizó en más de 4.000 mensajes, posicionándose en Twitter como una de las más usadas durante la celebración del Día de la Biblioteca.
Queremos compartir con vosotros un pequeño y emotivo repaso que hemos realizado a la campaña para que así podáis disfrutar tanto del mensaje ganador como de los finalistas y de algunos de los contenidos que, a nuestro juicio, merecen una mención especial o que hemos querido destacar porque nos han llamado más la atención. También incluimos los 7 contenidos extras en torno al universo bibliotecario que publicamos, uno por día, durante la semana que duró la campaña.
Podéis consultar el repaso a la campaña #vivalabiblio en el siguiente enlace:
http://www.mecd.gob.es/…/Observat…/resumen-vivalabiblio.html
Finalmente queremos agradecer el apoyo de todos los que han ayudado a difundir esta iniciativa y a hacer posible que durante unos días se hablara de las bibliotecas y los bibliotecarios con tanto corazón."

miércoles, 28 de octubre de 2015

Imaxes desde Cabo Verde

A nosa compañeira María José Villar, está a finalizar a súa estadía en Cabo Verde, onde leva un mes colaborando na biblioteca da Cámara Municipal de Santa Cruz.

As súas impresións son moi positivas sobre o traballo que ven desenvolvendo, así como sobre o potencial que teñen as bibliotecas públicas no contexto social deste país africano: "A miña estadía en Cabo Verde está a ser unha experiencia moi viva e intensa, un auténtico banco de probas para a aprendizaxe no eido das bibliotecas públicas, e toda unha oportunidade para aportar o meu gran de area a favor destas institucións, nun lugar onde puden comprobar que son moi necesarias".

A satisfacción se transmite a través das súas palabras, xa que a experiencia está a ser moi enriquecedora no punto de vista profesional: "Profesionalmente é un privilexio poder levar os meus coñecementos a outro contexto, aprender nel e, sendo eu a que lle estou dando formación a outras persoas, gozar dos resultados ao ver o seu progreso", mais tamén no persoal: "Constitúe unha vivencia única. Marabíllame cada día a fermosura da paisaxe caboverdiana, e tamén a incrible amabilidade do carácter das persoas que vou coñecendo e mais daquelas coas que me atopo cada día. Sorpréndeme atopar unha terra tan diferente, con xeitos de vida tan distantes dos nosos pero, ao tempo, con tanto en común coa nosa cultura".

 
Nas súas impresións destaca tamén o seu agradecemento a aquelas persoas e equipos que a están a axudar nesta experiencia: "Sinto moita gratitude hacia o persoal da cámara municipal de Santa Cruz, tanto aos seus técnicos como os seus dirixentes, pero tamén a todas as persoas que estou a coñecer, tanto no ámbito do traballo como no lecer. Mais tamén estou moi agradecida a todos os meus compañeiros das bibliotecas galegas que me están a apoiar e a prestar a súa axuda dende a distancia".

Mª José achéganos algunhas fotografías deste mes de traballo:
-Equipo de traballo na biblioteca municipal, con Amandio, bibliotecario municipal de Santa Cruz, e mais con Izilda, bibliotecaria do Liceu (Instituto de Secundaria).
Na biblioteca da Cámara Municipal de Santa Cruz.
Co bibliotecario da cámara, reordenando os fondos.
Recibimento do presidente da Cámara, Carlos Alberto Gonçalves,  aos libros doados polas Bibliotecas de Redondela
 
Recepción na Cámara Municipal ás cooperantes españolas
No Día Nacional da Cultura, dentro do concurso de poesía organizado pola cámara municipal
Visita aos terreos de Boqueirâo - Ribeira dos Picos, onde o Fondo Galego de Cooperación financiou o sistema de rego por goteo
Visita ao xardín de infancia Covâo Sánches, financiado polo Fondo Galego de Cooperación
Visita á escola de primaria Polo
Visita á biblioteca do liceu, co director e mais a xefa de estudos do mesmo

Enlace ao blog Vacacións con Traballo, onde os técnicos nos achegan as súas experiencias en Cabo Verde e mais en Nicaragua:

viernes, 23 de octubre de 2015

Feliz Día da Biblioteca desde Cabo Verde

Que alegría abrir o correo e atopar esta felicitación polo Día da Biblioteca desde Cabo Verde! 
Moitas grazas Amandio, María José,...!
Feliz día tamén para vós desde as bibliotecas de Redondela!!!!

martes, 20 de octubre de 2015

Vaise achegando o Samain e ...o Día da Biblioteca!

Aggggh! Asustámonos mutuamente. Eu ía polo corredor e ela, a primeira pantasma desta tempada, lía plácidamente apoiada no taboleiro de anuncios. O libro collerao dun andel da biblioteca como ben facía ver o tejuelo do mesmo. Ignoreina, permitiendolle así continuar lendo tranquilamente.
 Día 21
Hoxe máis!!!!
A bibliotecaria entra amodiño despois do susto de onte....Cheas de pantasmas rodean hoxe, tamén,  o taboleiro pero o motivo queda desvelado: queren ser as primeiras en felicitar á biblioteca pola efeméride do día 24 e...

 
...en plan "resabidillo" regálannos coas súas voces de ultratumba fermosas frases de eloxio aos libros e ás bibliotecas
 

viernes, 16 de octubre de 2015

#vivalabiblio

O Observatorio de la  Lectura y el Libro, pertencente á Subdirección General de Promoción del Libro, la Lectura y las Letras Españolas do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, con motivo do Día da Biblioteca vai lanzar en Twitter a campaña #vivalabiblio
En resumo, consiste en "declarar o voso amor" por algunha biblioteca e/ou bibliotecario a través de Twitter á conta @observalibro coa etiqueta #vivalabiblio. 
Poderedes enviar máis dunha mensaxe e facelo no formato que queirades  (texto, ilustración, foto, vídeo, etc.)  
Os tuits deberán remitirse do 19 ao 25 de outubro. 
Haberá 5 finalistas, que recibirán  un lote de libros, e un gañador final que ademais terá a posibilidade de realizar unha visita guiada, personalizada e exclusiva, xunto a un acompañante da súa elección, á Biblioteca Nacional de España (BNE).


miércoles, 7 de octubre de 2015

Primeiro contacto e recibimento oficial

Recibimento do presidente da Cámara (Alcalde), Carlos Alberto Gonçalves, 
aos libros doados polas Bibliotecas de Redondela

Mª José, das Bibliotecas Municipais de Redondela, e mais Ana, do Concello de A Estrada, na recepción oficial brindada dende a cámara municipal
A nosa compañeira asinando no libro de recepción da Cámara municipal
Con Amandio, o bibliotecario da Biblioteca de Santa Cruz
.... coa biblioteca da Cámara Municipal de Santa Cruz e coa nosa compañeira Mª José, a través das suas palabras no blog de "Vacacións con traballo"
Un saúdo moi especial para o noso compañeiro da biblioteca de Santa Cruz (na fotografía)
E tamén noutra entrada deste blog: https://vacacionscontraballo.wordpress.com/2015/10/08/recepcion-oficial-da-camara-municipal-de-santa-cruz/

Así comparten a nova dende a páxina de Facebook da Cámara Municipal de Santa Cruz

A nova en "La Voz de Galicia".

martes, 6 de octubre de 2015