Mostrando entradas con la etiqueta Concursos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Concursos. Mostrar todas las entradas

viernes, 27 de diciembre de 2019

A Coca Simona no Nadal: concurso de debuxo

Do 23 de decembro ao 3 de xaneiro
Para recoller as láminas: Biblioteca de Redondela, Biblioteca de Chapela, Multiúsos de Redondela, Alameda Rosalía (carpa en Chapela)

martes, 20 de febrero de 2018

Agasallo dos Viadutos

O Concello de Redondela, a través da súa Concellería de Xuventude, leva 17 anos convocando o Premio de Relatos Curtos "Os Viadutos", para escritores noveis.

Este ano, por primera vez, convoca un premio de novela, que levará o mesmo nome. 2018 será a I edición do Premio Viadutos de Novela, que convocan conxuntamente o Concello de Redondela e mais a Editorial Galaxia.
O Servizo de Xuventude a través das bibliotecas de Redondela quere achegar  a cada  usuario das mesmas un exemplar dos relatos da XVII edición que se complementa coas bases que rexen a convocatoria deste ano.
Ata esgotar existencias

viernes, 16 de febrero de 2018

Redondela convoca a 1ª edición do Premio Viadutos de Novela


O Concello de Redondela, a través da súa Concellería de Xuventude, leva 17 anos convocando o Premio de Relatos Curtos "Os Viadutos", para escritores noveis.

Este ano, por primera vez, convoca un premio de novela, que levará o mesmo nome. 2018 será a I edición do Premio Viadutos de Novela, que convocan conxuntamente o Concello de Redondela e mais a Editorial Galaxia.

Poderán concurrir neste concurso persoas entre 18 e 35 anos que presenten un texto inédito en galego, cunha extensión mínima de 100 páxinas.

O prazo de presentación remata o 30 de marzo.

Se tedes ese pulo de narradores no voso interior... non o dubidedes e animádevos!


jueves, 15 de septiembre de 2016

Adxudicado o premio do concurso de fotografía "Escenifica a túa lectura de verán"

O Concurso de fotografía "Escenifica a túa lectura de verán", convocado, durante os meses estivais, polas Bibliotecas Municipais de Redondela coa colaboración da Asociación de Amigos das mesmas, xa ten gañador.
Os membros da Asociación de Amigos das Bibliotecas  Municipais de Redondela, xurado do concurso, outorgaron o premio á  fotografía titulada "El túnel" de Gustavo Barciela Balado

 As fotografías presentadas son  dun gusto e orixinalidade excelente e traslucen o entusiamo pola lectura e os libros. É por iso que queremos agradecer a todos os participantes o seu interese e achega co agasallo dun libro,  que recibirán no seu domicilio nos vindeiros días.

As fotografías recibidas:

 Por último, informar de que tanto a imaxe premiada como todas as que participaron no concurso,  expoñeranse nas dependencias das nosas bibliotecas, o Día da Biblioteca (24 de outubro).

Escenifica en Instagram

Fotografías presentadas ao concurso "Escenifica a túa lectura de verán" a través da plataforma de Instagram
albamatilde
estela.david103


Una foto publicada por Miguel Ángel Alonso Diz (@forxadordeversos) el

Escenifica en Facebook

Fotografías presentadas ao concurso "Escenifica a túa lectura de verán" a través da plataforma de Facebook
"El Chojin e as súas cousas"
Fanny González Álvarez
"Calculando percorrido cara ao sur. Imos! #lecturaveran"
Melina López
"Cómaros de mel e rosas con López Foxo, para unha tarde no xardín"
Melina López
"Leyendo el caso del gatito imprudente, que tira accidentalmente una lámpara y hace comenzar la acción"
Melina López

"Tarde de lectura no Lago DI Como"
Mrta Bouzón Couñago

Toñi Rubio Veloso

"El Túnel"
Gustavo Barciela Balado

Fago a miña participación con dúas obras dunha mesma autora (e amiga) María Alonso: "Terras estrañas" (todavía non publicada) e "Despois do Cataclismo".
Din que "quen ten unha amiga ten un tesouro" pero, si ademais esta é escritora, ten tamén lecturas pendentes de verán. Un saúdo!
 
Ángela Covelo Soto




Ángela Covelo Soto

viernes, 8 de julio de 2016

Comparte as túas lecturas de verán coas bibliotecas de Redondela


 Fai unha fotografía escenificando o teu libro favorito deste verán ou tamén o teu momento marabilloso de lectura neste tempo, e compártea coas bibliotecas municipais de Redondela nas súas redes sociais Facebook e/ou Instagram.

  • No caso de Facebook, súbea ao EVENTO que creamos ao efecto na nosa páxina desta rede.
As fotografías escenificarán un libro que se estea lendo neste verán. Trátase dunha posta en escea onde o contido do libro, ou ben o seu título, ou tamén outras características, queden representados a través da imaxe. Nela pode aparecer representada ou non a persoa que le o libro, así como outras persoas.
A imaxe pode ser unha fotografía tomada de xeito natural ou tamén unha composición ou montaxe fotográfico.
Neste enlace tes toda a información, as bases...e o premio!


O premio do concurso

A data de inicio do concurso será o 11 de xullo de 2016 e finalizará o día 1 de setembro do mesmo ano. 

lunes, 30 de noviembre de 2015

Elección Libro do Ano 2015

 E xa está aquí unha nova edición da ELECCIÓN DO LIBRO DO ANO nas nosas, vosas, bibliotecas!

Os lectores da Biblioteca Municipal de Redondela e da Axencia de Lectura Municipal de Chapela, elixen cada ano, o seu libro preferido dos editados no ano en curso. Por votación, escollen, respectivamente, un libro infantil e outro de adultos, como mellores libros do ano. 
De entre os participantes, faise o sorteo dun exemplar do libro que teña recibido máis votos, tanto do libro de adultos, entre os adultos, como do libro de rapaces, entre os menores de 14 anos. 
Faise unha selección e mais tamén un sorteo por cada biblioteca
Os dous requisitos para participar:
 - Ser socio da Biblioteca 
- Seleccionar un libro publicado neste ano 2015. 
As votacións realízanse nas urnas que, para a ocasión, se situan nas dúas bibliotecas. 
Lembrade que o prazo para participar será: do 1 de decembro de 2015 ao 8 de xaneiro de 2016

viernes, 16 de octubre de 2015

#vivalabiblio

O Observatorio de la  Lectura y el Libro, pertencente á Subdirección General de Promoción del Libro, la Lectura y las Letras Españolas do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, con motivo do Día da Biblioteca vai lanzar en Twitter a campaña #vivalabiblio
En resumo, consiste en "declarar o voso amor" por algunha biblioteca e/ou bibliotecario a través de Twitter á conta @observalibro coa etiqueta #vivalabiblio. 
Poderedes enviar máis dunha mensaxe e facelo no formato que queirades  (texto, ilustración, foto, vídeo, etc.)  
Os tuits deberán remitirse do 19 ao 25 de outubro. 
Haberá 5 finalistas, que recibirán  un lote de libros, e un gañador final que ademais terá a posibilidade de realizar unha visita guiada, personalizada e exclusiva, xunto a un acompañante da súa elección, á Biblioteca Nacional de España (BNE).


martes, 6 de octubre de 2015

Os Viadutos. Certame literario de relatos curtos


                                                                     BASES

Na Biblioteca Municipal de Arucas


A fotografía gañadora do concurso "Unha viaxe, unha biblioteca" portada da páxina de facebook da Biblioteca Municipal de Arucas, onde se tomou. 
 Moitas grazas e un afectuoso saúdo para os compañeiros desta fermosa biblioteca

miércoles, 30 de septiembre de 2015

Fotografía gañadora do noso concurso "Unha viaxe, unha biblioteca"


Durante os meses deste verán que ven de rematar, propoxuémoslles aos nosos lectores que nos enviaran fotografías das bibliotecas que visitaran nos seus lugares de lecer e vacacións. Todas elas participaron no concurso "Unha viaxe, unha biblioteca", co que lanzamos ás bibliotecas municipais na rede social INSTAGRAM.

Podedes ver as fotografías aquí, ou na propia plataforma Instagram, co hashtag #viaxebiblioteca.

O prazo para enviar as fotografías rematou o pasado 15 de Setembro. Nestes dúas o xurado, formado polos  membros da Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela, deliberou para decidir a fotografía gañadora. 

E xa coñecemos a instantánea vencedora deste certame fotobibliotecario! Podedes vela aquí:

A fotografía foi tomada na biblioteca de Arucas (Gran Canaria), e nola enviou Susi, de Radio Redondela.

Felicidades á gañadora! Nestes días poderá pasar pola Biblioteca Municipal de Redondela para recoller o seu premio.

Parabéns, e grazas, de novo, a todos e todas os que nos mandáchedes imaxes de bibliotecas fabulosas, da nosa contorna, de toda a xeografía española e, tamén, do extranxeiro. Mandámoslle o noso máis cariñoso recordo a todas esas institucións, aos seus traballadores e á comunidade de usuarios que lles dan uso e lles dan vida.


miércoles, 23 de septiembre de 2015

As imaxes do concurso "Unha viaxe, unha biblioteca"

Durante os meses deste verán que ven de rematar, propoxuémoslles aos nosos lectores que nos enviaran fotografías das bibliotecas que visitaran nos seus lugares de lecer e vacacións. Todas elas están a participar no concurso "Unha viaxe, unha biblioteca", co que lanzamos ás bibliotecas municipais na rede social INSTAGRAM.

Podedes ver as fotografías no Instagram das bibliotecas municipais , que recollemos co hashtag #viaxebiblioteca.

Rematado o prazo para enviar as fotografías o pasado 15 de Setembro, velaquí os amosamos todas as fotografías que recibimos.











































Podedes facer click sobre elas, para velas máis grandes, ou ir directamente ao sitio web, nesta enlace:
#viaxebiblioteca, para velas todas.



O xurado do concurso está a ser a Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela, que o día 30 de Setembro nos dará o seu veredicto. Publicarémolo ese día aquí, no blog da biblioteca.

Grazas a todos/as por participar, e que gañe o mellor!!