Mostrando entradas con la etiqueta Varios. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Varios. Mostrar todas las entradas

viernes, 3 de septiembre de 2010

Unha visita a Amsterdam

Grazas á nosa compañeira Andrea que nos fixo participes da súa viaxe a Amsterdam achegándonos estas fotografías da vivenda de Ana Frank e de Madurodam, unha cidade en miniatura.



viernes, 7 de mayo de 2010

1ª Xuntanza de Bibliotecas municipais e escolares de Redondela

O martes, 6 de maio, os representantes das bibliotecas, municipais e dos centros de ensino, do concello de Redondela, xuntámonos na biblioteca do C.E.I.P Alexandre Bóveda de Chapela para establecer lazos de colaboración e debater diferentes cuestións relacionadas coa nosa profesión.
Ao longo deste encontro intercambiamos impresións e establecemos liñas de traballo útiles para mellorar as posibilidades das nosas bibliotecas.
En primeiro lugar, plantexamos a necesidade de darlle máis visibilidade ao traballo e as accións que cada biblioteca desenvolve. Tal cousa só se pode levar a cabo a través dunha acción máis comunicativa de cara aos nosos usuarios, unha maior implicación por parte das entidades e, sen dúbida, a través da intercomunicación e o traballo colaborativo entre todos os centros.
A preocupación por compartir os nosos recursos centrou tamén boa parte da axenda. Dese xeito, consensuamos ferramentas que nos servirán para intercambiar fondos e compartir material, facilitando os:
- Préstamos de documentos en exemplares múltiples.
- Préstamos de documentos ou centros de interese sobre temáticas concretas.
- Doazóns intercentros, no caso de aqueles documentos que poden ter unha mellor ubicación nunha biblioteca distinta da que se atopan.
- Préstamo de materiais non librarios, que poden server para as actividades e proxectos de dinamización.

En relación con isto, un dos primeiros proxectos que se perfilaron na xuntanza foi a creación, por parte das bibliotecas municipais, dun centro de interese sobre banda deseñada que rotará polos centros de ensino durante o vindeiro curso escolar.
Doutra banda, plantexamos o xeito de colaborar para beneficiarnos de recursos de dinamización aos que, por cuestións presupuestarias, non poderiamos ter acceso de xeito individual.
Establecemos tamén a posibilidade de desenvolver un grupo de traballo ou seminario permanente sobre as bibliotecas, a través de xuntanzas trimestrais e de outras fórmulas de intercambio de información.
Por último, outras cuestións técnicas como a ubicación dos fondos, a catalogación informatizada ou a aposta pola adquisición de novos materiais, abriron o espazo para debater e para plantexar aquelas dúbidas que se nos presentan no traballo cotián.
A xuntanza, iniciativa das dúas bibliotecarias do C.E.I.P. Alexandre Bóveda, desenvolveuse nun ambiente cordial e cun alto nivel de implicación e participación por parte de todos os presentes. Agardamos que os proxectos que comezamos a fraguar neste encontro redunden no aproveitamento, proxección e, en xeral, na optimización das nosas bibliotecas.

domingo, 7 de marzo de 2010

Os libros que len en Perdidos

Os personaxes de Lost, a diferenza dos personaxes doutras series de televisión, aparecen lendo libros interesantes moi a miúdo. Un detalle que ten enganchado a máis dun. Desmond levou á illa «Our mutual friend», a última novela completa de Charles Dickens. Pensaba abrilo e lelo antes de morrer. Sawyer le unha novela de Agatha Christie, «Maldade baixo o sol»; «O outeiro de Watership», de Richard Adams, ou «A invención de Morel», de Bioy Casares. Un capítulo da terceira tempada leva por nome «Stranger in a Strange Land», o título do libro de Robert A. Heinlein. No último capítulo da quinta tempada, Jacob le un libro de Flannery O'Connor. O recordo de Pa, a illa da ficción da novela de Aldous Huxley, está no cartel «Pa Ferry». E o alias que usa Ben nun dos episodios, Dean Moriarty, é o nome do protagonista de «On the road», de Kerouac. «Rebelión na granxa», as «Crónicas de Narnia», «O corazón das tebras», «Carrie», «De ratos e homes»... O xogo de referencias literarias é continuo en «Perdidos», unha serie para ver, para construír unha urbanización de teorías e para ler e imaxinar relacións e sospeitas.
Nestes links atoparedes a listaxe de libros que aparecen nos capítulos da serie:
http://aparejodefortuna.wordpress.com/2009/04/08/libros-en-perdidos/
http://librosperdidos.blogspot.com/