Mostrando entradas con la etiqueta Humor. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Humor. Mostrar todas las entradas

lunes, 5 de mayo de 2014

Presentación de "O Bichero" de Luís Davila


A Casa da Cultura de Redondela, acollerá a presentación de "O Bichero. Menudo día", a última publicación do viñetista buenense Luis Davila, considerado un dos mellores humoristas gráficos de Galicia e popularmente coñecido polo seu traballo diario na tira cómica O Bichero do xornal Faro de Vigo.

Luis Davila, deleitaranos coa creación en directo dos seus célebres personaxes. 

Ao finalizar a presentación, o autor asinará exemplares da súa obra.

Aviso: os que o desexen poderán adquirir o libro na mesma presentación.

Entrada libre e gratuíta

O humor de Luís Davila:




lunes, 22 de agosto de 2011

Poema dun opositor a unha bibliotecaria

OPOSITOR
(a una bibliotecaria)

No te ríes jamás. Eres sosísima.
Ir a la biblioteca es un dolor.
Pienso probarlo todo, todo por contemplar
tras tus labios sangrientos de arrecife,
el fulgor abisal, el ordenado
banco de pececitos de marfil
de tus dientes perfectos y monótonos.
Voy a hacerte reír, hija del mal,
y volveré después a mis temarios
sabiendo que he hecho algo por el mundo,
sabiendo que la vida estará en deuda
con un opositor de alma marchita.

(Miguel Salas Díaz, de su libro "Las almas nómadas")
Vía Biblioteca Regional de Murcia

jueves, 15 de julio de 2010

¡Na biblioteca demos coa historia verdadeira do Polbo Paul!


S e hai un protagonista estes días en todos os medios de comunicación é, sen dúbida, o Polbo Paul. A ocorrencia do acuario de Oberhausen deu moito para facer bromas, pero tamén encheu de ledicia aos nosos paisanos no pasado Mundial de Fútbol de Sudáfrica que, seguindo as prediccións deste simpático cefalópodo, nos coronou como campións.

Pero antes de vivir nun acuario, o polbo Paul vivía no mar, e chamábano Don Pol. Se queres saber algunha das súas historias, achégate o vindeiro mércores 21 á Axencia de Lectura de Chapela, onde protagonizará un dos nosos contos.