Mostrando entradas con la etiqueta Libro do ano. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Libro do ano. Mostrar todas las entradas

miércoles, 11 de enero de 2017

As bibliotecas de Redondela celebran o Día do Usuario

As bibliotecas de Redondela, xunto co resto de bibliotecas da comunidade galega, celebraron este mércores, 11 de xaneiro, o Día do Usuario, data que abre o Calendario do Libro e da Lectura 2017 na nosa comunidade.

En concreto, as bibliotecas deste municipio conmemoraron a data facendo público o resultado da votación anual dos seus usuarios, na que baixo o lema "Libro do Ano", escollen os seus libros preferidos dos editados no pasado ano.
 

 "Todo esto te daré", de Dolores Redondo, último Premio Planeta, e "El libro de los  Baltimore" de Joël Dicker, foron os máis votados nas bibliotecas de Redondela e Chapela, respectivamente. Pola súa banda, a serie de Futbolísimos e o título "Los gemelos Tapper arrasan la ciudad", despuntaron entre os lectores infantís das mesmas.

 
Como todos os anos, fíxose un sorteo dos títulos gañadores entre os usuarios que participaron na votación.

  Na edición 2016-17 estes foron os agraciados:

Entre os lectores adultos: María Soriano e Olga Varela
María Soriano recolle o seu premio na Biblioteca de Redondela
Olga Varela recollendo o seu agasallo na Biblioteca de Chapela

Entre os lectores infantís: Helena Romero e Adriana Alonso
Helena Romero recolle o seu premio na Biblioteca de Redondela

Adriana Alonso recolle o seu premio na Biblioteca de Chapela

jueves, 1 de diciembre de 2016

Elección Libro do Ano 2016

 E xa está aquí unha nova edición da ELECCIÓN DO LIBRO DO ANO nas nosas, vosas, bibliotecas!


Os lectores das Bibliotecas Municipais de Redondela, elixen cada ano, o seu libro preferido dos editados no ano en curso. Por votación, escollen, respectivamente, un libro infantil e outro de adultos, como mellores libros do ano. 
De entre os participantes, faise o sorteo dun exemplar do libro que teña recibido máis votos, tanto do libro de adultos, entre os adultos, como do libro de rapaces, entre os menores de 14 anos. 
Faise unha selección e mais tamén un sorteo por cada biblioteca(en Redondela e en Chapela)
Os dous requisitos para participar:
 - Ser socio da Biblioteca 
- Seleccionar un libro publicado neste ano 2016. 
As votacións realízanse nas urnas que, para a ocasión, se situan nas dúas bibliotecas. 




 Lembrade que o prazo para participar será: do 1 de decembro de 2016 ao 9 de xaneiro de 2017

jueves, 27 de noviembre de 2014

Elección do libro do ano 2014


Os usuarios da  Biblioteca Municipal de Redondela e da Axencia de Lectura Municipal de Chapela, elixen cada ano, o mellor libro do ano en curso. 
A elección atende ao criterio de preferencia por parte dos lectores que, por votación, escollerán, respectivamente, un libro infantil e outro de adultos, como mellores libros do ano. 
De entre os participantes, faremos un sorteo dun exemplar do libro que teña recibido máis votos, tanto do libro de adultos, entre os adultos, como do libro de rapaces, entre os menores de 14 anos. Faremos unha selección e mais tamén un sorteo por cada biblioteca. 
Os dous requisitos para participar: - Ser socio da Biblioteca - Seleccionar un libro publicado neste ano 2014. 
As votacións faranse nas furnas que, para a ocasión, situaremos nas dúas bibliotecas.
Período de votación:1 de decembro a 7 de xaneiro

miércoles, 22 de enero de 2014

And the winners are...(3)


Os lectores infantís e xuvenís decantáronse por un libro de non ficción, "Locos por la  ciencia" de Daniel Tatarsky e un cómic "Marieta. Los mundos de Naneta: camino de la escuela", unha exitosa serie francesa da que se está a preparar unha serie de debuxos animados. O primeiro album desta serie foi nomeado como Mellor obra infantil e xuvenil no Festival de Angoulême.

As gañadoras desta edición foron  Iria Domínguez e  Laura Antón 

miércoles, 8 de enero de 2014

And the winners are...(2)


Os lectores das bibliotecas municipais de Redondela elixiron "La hija de la criada" de Barbara Mutch e "Intemperie" de Jesús Carrasco, como mellores libros do ano 2013 no que respecta a publicacións para adultos. Hai que recordar que os libreiros de Madrid xa elixiran Intemperie como a mellor obra de 2013, mentres que La hija de la criada é un deses casos de obras que afianzan o seu éxito no " boca a boca" dos lectores. 


Esta elección de libro do ano leva aparellada un sorteo entre os participantes. Os gañadores desta edición na sección de adultos foron  Soledad Chayán e Mª Carmen Rodríguez.

viernes, 3 de enero de 2014

And the winners are...

Xa se desvelou o misterio. Estes son os libros preferidos do ano 2013, elixidos polos nosos usuarios

Libro do ano na  Biblioteca Municipal

Libro do ano na Axencia Municipal de Lectura (Chapela)

No que respecta a elección dos lectores infantís e xuvenís
Por vez primeira, un libro de non ficción:
Libro do ano na Axencia Municipal de Lectura (Chapela)
e un cómic:

Libro do ano na Biblioteca Municipal
A verdade é que os nosos lectores, ano tras ano, sorpréndennos gratamente, 
cos seus votos apostando firmemente pola calidade

Os gañadores no sorteo da elección do Libro do Ano foron os seguintes:
Na Biblioteca Municipal
Iria Domínguez Pazó e Soledad Chayán Freitas
Na Axencia Municipal de Lectura (Chapela)
Laura Antón Rodríguez e Mª Carmen Rodríguez Riba


martes, 19 de noviembre de 2013

A partir do mércores 27...

Elección do Mellor Libro do Ano 2013

A Biblioteca Municipal de Redondela e a Axencia de Lectura Municipal de Chapela, no seu papel de fomento e dinamización do libro e a lectura, elixen cada ano, a través dos seus socios, o mellor libro do ano en curso. 
 A elección atende ao criterio de preferencia por parte dos lectores que, por votación, escollerán, respectivamente, un libro infantil e outro de adultos, como mellores libros do ano. De entre os participantes, faremos un sorteo dun exemplar do libro que teña recibido máis votos, tanto do libro de adultos, entre os adultos, como do libro de rapaces, entre os menores de 14 anos. Faremos unha selección e mais tamén un sorteo por cada biblioteca. Os dous requisitos para participar: - Ser socio da Biblioteca - Seleccionar un libro publicado neste ano 2013. 
 As votacións se farán nas furnas que, para a ocasión, situaremos nas dúas bibliotecas.