Mostrando entradas con la etiqueta Lectura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Lectura. Mostrar todas las entradas

miércoles, 18 de marzo de 2020

#quedanacasaele: sección literaria en Radio Redondela

https://www.facebook.com/search/top/?q=%23quedanacasaele&epa=SEARCH_BOX

#quedanacasaele, a campaña que lanzamos dende as bibliotecas municipais para promover a lectura como ferramenta terapéutica neste encerro, terá o seu reflexo tamén en Radio Redondela

Diariamente nos días laborables, e durante todo o tempo de duración do confinamento, o persoal das bibliotecas compartirá nas ondas municipais recomendacións lectoras, propostas literarias, iniciativas nas redes sociais entorno á literatura... e outras iniciativas culturais para ocupar o tempo e entreternos durante os días de confinamento.

Compartirémolas no noso Facebook, e tamén no da propia emisora. Poderedes tamén seguilas co citado cancelo (#)



Neste enlace, a primeira sección.

viernes, 13 de marzo de 2020

Se tes que quedar na casa....#quedanacasaele

As bibliotecas de Redondela namorámonos da campaña de concienciación cidadá realizada polos sanitarios da Comunidade de Madrid: #quedateencasa, para frenar os contaxios e axudar a non expandir o COVID-19.  Nós tamén queremos contribuir  e lanzar a nosa campaña, promovendo o esforzo de quedar na casa e, xa de paso, fomentando a lectura.

Porque nestes días de alerta sanitaria o máis importante que podes facer por tí e polas persoas que che rodean é quedar na casa. Fagamos desta crise unha oportunidade, e aproveitemos para ler aqueles libros que tiñamos pendentes... eses que se nos acumulan na mesiña de noite 😊.
Na casa, con lecturas, é máis levadeiro e máis pracenteiro.

Dende as Bibliotecas municipais de Redondela convidámosche a que compartas nas túas redes sociais unha imaxe do teu recuncho de lectura para estes días ou de como estás ou estades sacando proveito para achegarvos aos libros. Propoñémosvos o cancelo (#) #quedanacasaele #quedateencasaylee

 

Así mesmo, baixo este mesmo cancelo, comezamos un espazo en colaboración coa Radio Municipal de Redondela para lembrar ferramentas útiles de caracter cultural, con especial incidencia nas relacionadas coa lectura, para estes días de confinamento.

Fagamos viral un chamamento  para que a cidadanía quede na casa e fomentemos a lectura!

Sairemos desta, e farémolo reforzados e máis cultivados e sabios 😉. Se tes que quedar na casa, goza da lectura.
 
O noso Leolo aproveita para ler na súa casa



#quedanacasaele
#quedateencasaylee
 
#yomequedoencasa
#quedateencasa
#quedanacasa

lunes, 20 de enero de 2020

Calendario do Libro e a Lectura 2020

Presentámosvos o novo calendario 2020 coas datas máis salientables arredor do libro e a lectura
Picade na imaxe para  despregar o .pdf
https://drive.google.com/file/d/1l7oxMMA59l-HG1ftitMBPaIwOrzFkajZ/view?fbclid=IwAR32ikbh_GfPI6LLHpQSe2M_ohFIxOiIKZtHv3ry0ayay8IZEMEhRnG4-0s

jueves, 26 de noviembre de 2015

Campaña móbil "Corazón de Muller. Cerebro de Muller"

A principios de novembro deron comezo as actividades conmemorativas do Día Internacional para a eliminación da Violencia de Xénero no concello de Redondela.

Desde as  bibliotecas, estamos orgullosos de participar na campaña móbil da concellería de Igualdade, "Campaña de lecturas: Corazón de Muller. Cerebro de Muller", cunha selección de 43 títulos, nos que a muller e a gran protagonista,  que xa circulan polos locais das Asociacións de muller e vocalías do Consello Municipal da Muller.

Asimesmo, na Biblioteca de Chapela poderedes consultar (e levar en préstamo) unha selección de libros que abordan a violencia de xénero ou que lle dan a volta aos roles femininos máis tradicionais.


 

viernes, 24 de julio de 2015

Agasalla un carnet de biblioteca!

Por que non facer un agasallo orixinal? Pensando no próximo aniversario da súa avoa, á que lle gusta moito ler, Anxo, Nico e mais Lía argallaron achegarse á biblioteca de Chapela para facerlle o carnet de socia. Só tiveron que cubrir a ficha de inscrición (coa axuda da súa nai) e mais achegar os seus datos. 

Hoxe viñeron recoller o carnet da homenaxeada, que se lles entregou acompañado pola bolsa da Coca Simona, que reciben todos os novos lectores das nosas bibliotecas municipais. A biblioteca tamén quere felicitar a esta usuaria polo próximo aniversario, así que tamén lle entrega un pequeno obsequio literario (dentro da bolsa).
O importante é que estes rapaces nos deron unha idea ás bibliotecas que nunca se nos ocorrera. Por que non facer carnets de biblioteca como agasallo? Un regalo funcional, práctico e imperecedoiro, do que seguro que os obsequiados quedan moi pero que moi contentos. Ademáis, queremos con eles lembrarlles aos maiores que as bibliotecas son un espazo para todos os públicos e todas as idades. Propoñemos a todos os rapaces da biblioteca a que animen aos seus avós e avoas a visitarnos. Claro que sí!

Parabéns Mª Carmen polo aniversario! e parabéns Anxo, Nico e Lía pola gran idea! :-)

domingo, 28 de junio de 2015

#recomendacionsveran

Con motivo do comezo da época estival pedimos a todos os amantes da lectura que compartades o título dun libro que recomendariades ler neste verán co fin de servir como orientación a outros lectores que busquen unha boa obra para ler.

Podedes facelo a través das notas dispostas para tal efecto nos taboleiros  da biblioteca municipal e da axencia de lectura de Chapela e en Instagram co hastag
#recomendacionsveran

 

sábado, 13 de septiembre de 2014

Cando os bibliotecarios son os protagonistas

http://www.abc.es/cultura/libros/20140615/abci-escritores-bibliotecarios-201406101711_1.html

  "Vidas, lecturas y anécdotas sin fin. No faltan el bibliotecario loco, el bibliotecario mendigo y el bibliotecario más raro del mundo. Con prólogo de Mario Vargas Llosa.
Un recorrido fascinante de Lewis Carroll a Borges, de Casanova a Reinaldo Arenas, de Goethe a Gloria Fuertes, de Marcel Proust a Stephen King...
La seducción es un arte, qué duda cabe. Lo sabemos los que acostumbramos a tener siempre un libro entre las manos, los que amamos las bibliotecas y nos dejamos llevar hasta los universos que otros nos descubren. La seducción no se limita al entorno de las artes amatorias: una obra literaria puede seducir con la misma intensidad. En el caso de Casanova, uno de los protagonistas de este apasionante libro de Ángel Esteban, el hombre-conquistador y el escritor-conquistador son la misma persona: más de cien mujeres seducidas, más de cuarenta obras literarias escritas… y un empleo como bibliotecario en Bohemia.
Para Proust las bibliotecas fueron un refugio, y el caso es que su única ocupación laboral fue la de bibliotecario. Y Stephen King, con gran humor, recuerda que lo mejor de su trabajo como bibliotecario fue que allí conoció a su futura mujer: una chica que trabajaba también como bibliotecaria en la misma sala. Una chica delgada y de risa escandalosa"
http://trafegandoronseis.blogspot.com.es/2014/08/bibliotecarias-e-bibliotecarios-infames.html

" Vas ler algo que fai abanear o mobiliario histórico. Vas recibir unha información perturbadora, un deses estrelampos que se abre paso entre as lamias da persiana da ocultación, perpetrada ás veces coa hipócrita desculpa da "operación Olvido". Vas entrar en Bibliotecarias e bibliotecarios "infames", vas saír da autoestrada do relato histórico convencional, vas ir a pé, a valmontes, pola banda inhóspita da historia, e vas sentir que a intrahistoria, como o rumor dun bater de alas nun bosque queimado, vén por ti. Cada vez que entres nunha biblioteca ou nun arquivo, ou cada vez que escoites "depuración" ou "extirpación", vaste lembrar de Bibliotecarias e bibliotecarios "infames", de como o compromiso polo espallamento do saber se converteu nunha proba de cargo e nunha mancha ominosa, de como palabras de uso hixiénico ou sanitario poden ser envelenadas polo arsénico do odio e metamorfosearse en sinistros eufemismos. Este é un libro de historia, si. Ben feito. Impecábel. Mais tamén un libro que fai historia: un acto de verdade, xustiza e reparación. Bibliotecarias e bibliotecarios "infames" semella escrito coa perseveranza luminosa do guizo, ese pau resistente onde a lingua de lume faise lapis, nun movemento ben sutil. 
Manuel Rivas"

lunes, 3 de febrero de 2014

Gustáballes ler

“A veces he soñado que cuando el Día del Juicio amanezca, y los grandes conquistadores y abogados y juristas y gobernantes se acerquen para recibir su recompensa, el Todopoderoso, al vernos llegar con nuestros libros bajo el brazo, se volverá hacia Pedro y dirá, no sin cierta envidia: Míralos; esos no necesitan recompensa. No tenemos nada que darles. Les gustaba leer” (Virginia Woolf)


sábado, 31 de agosto de 2013

"Pero un día... te vi cuando aterrizaste para reparar un Dron.  A su lado había un libro. Lo tomaste y lo estudiaste. Y yo vi una oportunidad."



lunes, 26 de marzo de 2012

Reunión de coordinadores de Clubs de Lectura de Pontevedra

   
O sábado 24,  unha representación de coordinadores de clubs de lectura de Pontevedra reunímonos para coñecernos e intercambiar impresións; aquí deixámosvos o resumo que Jerónimo, un dos participantes, fixo da reunión; esperamos que vos guste:

"Un club de clubes, un híper-club, un clubazo... Algo así convocó en el Pazo da Cultura de Pontevedra a un grupo heterogéneo de lectores, bibliotecarios y coordinadores de grupos de lectura de distintos puntos de la provincia.

  La cita comenzó con una visita guiada al Salón do Libro Infantil e Xuvenil, donde los intrépidos asistentes pudieron disfrutar de la imaginación y originalidad de este evento, dedicado en la presente edición a la suerte.

  El encuentro en sí, presidido por el buen humor, sirvió para descubrir distintas facetas y circunstancias de cada asociación de lectores. Se fueron desgranando las diversas propuestas, pudiéndose comprobar la amplitud de formatos, metodologías y estilos que caben dentro de la definición genérica de 'club de lectura.'

  Hubo unanimidad en declarar la diversidad.
  El idioma empleado (francés, gallego, castellano), la periodicidad (quincenal, mensual... ¡y hasta anual!), la temporalización (lectura del libro completo, de un número determinado de páginas...), los procedimientos (con comentario biográfico del autor , ligera o más profunda, al principio o al final, sin ella; con apoyos audiovisuales; relacionando el libro con poemas; con invitados...), la institución que los respalda (bibliotecas, asociaciones de vecinos, colectivos privados, librerías...), etc, etc,  compusieron un mosaico exuberante de realidades diferentes; adaptadas en cada caso al tipo de lector que configuran cada grupo.

  También se debatió sobre diversos aspectos organizativos como la adquisición de los libros, la fidelización de los lectores, el procedimiento de renovación de los integrantes o la mayoritaria presencia femenina. Se enfatizó los buenos resultados de llevar más allá de las reuniones periódicas a los clubes, y propiciar encuentros diferentes de fraternidad.

  El ambiente de cordialidad reinante animó a los asistentes a proponer próximas citas, quizá más estructuradas, en las que intercambiar más experiencias e impresiones.

  En conclusión, una reunión enriquecedora en la que se constató la vitalidad y el dinamismo de los grupos de lectores, la fortaleza de los proyectos en curso y la conveniencia del diálogo."
                                                     Títulos de crédito
                                                                                                                 
Merce........................ Librería Cronopios
Dominique................. club de lectura en francés en la Biblioteca de Pontevedra
Isabel......................... club de lectura en francés en la Biblioteca deVigo
Graciela y Marisé..... de la Biblioteca y de los clubs de lectura de Soutomaior
Meli y Mamen............de los clubs de Lectura de Pontevedra
Dolores....................... del club de lectura de la Biblioteca Neira Vilas de Vigo
Leo ............................. de los clubs de lectura infantiles y juveniles en distintas ciudades
Loli.............................. del club de lectura TercerDomingodeMes de Vilagarcía de Arousa
Teresa.......................... de la Biblioteca de Meis
Macarena ................... de la Biblioteca de Poio
María José ..................de la Axencia Municipal de Lectura de Chapela (Redondela)
Jerónimo.......................de los clubs de lectura de Chapela y Redondela
Mª Elena.......................de la Biblioteca de Redondela

                    
 Moitas grazas a todos por unha reunión tan gozosa e enriquecedora e un agradecemento especial a Susa, do Salón do Libro Infantil, que, pese ao abundante traballo,  fixo un longo oco para explicarnos as distintas exposicións do Salón así como a súa historia.
                 


jueves, 8 de marzo de 2012

Día Internacional da Muller 2012


A historia da pintura está chea de mulleres que saben ocupar o seu tempo dun xeito interesante...

O 8 de Marzo ven celebrándose dende principios de século como o Día da Muller, e declarado polas Nacións Unidas como o Día para os Dereitos da Muller e a Paz Internacional. Dende as Bibliotecas de Redondela queremos homenaxear a todas as mulleres, e a todas aquelas persoas que traballaron e traballan pola igualdade de xéneros.

 Neste día podemos recomendarvos moitas lecturas (novelas, ensaios, obras teatrais, libros infantiles) nas que se reivindica un papel igualitario para a muller. Preguntádenos nas bibliotecas!



miércoles, 18 de enero de 2012

Un club de lectura virtual en Galicia




Anunciámosvos a existencia, dende o pasado mes de decembro, dun novo club de lectura organizado de xeito virtual.

O club de lectura se organiza a través dun blog, e está xestionado por un grupo de lectores afeccionados que gustan de compartir opinións a través da rede.

Trátase da opción ideal para aqueles que desexedes participar nun club de lectura pero non poidades por falla de tempo ou dificultade de horarios.


Aquí a súa carta de presentación:

"Un pequeno grupo de persoas afeccionadas á lectura decidímonos a crear un blogue coa intención de crear algo similar a un club de lectura virtual, onde pode participar calquera persoa.


O blogue chámase Falemos de lecturas e o enlace do blogue é: http://falemosdelecturas.wordpress.com
Este blogue diríxese a todas as persoas interesadas en compartir lecturas a través de Internet.
 
Leremos unha obra ao mes e participarase deixando os comentarios no blogue. Asemade, pode haber actividades adicionais que iremos propoñendo.

Se che gusta ler e intercambiar opinións, esta é a tua casa!
Toda suxerencia en canto libros a ler, informacións adicionais á lectura é benvida ou opinións sobre temas xerais que xurdan é benvida.  Nós mesmos programamos as próximas lecturas, pero estamos abertos a suxerencias e ben que as apreciamos!

- En decembro limos "Sunset Park" de Paul Auster.
- En xaneiro estamos lendo  "Ninguén" de  Fran Alonso.
- E en febreiro imos ler "A neta do señor Linh" de Philippe Claudel.

No blogue ven máis información ao respecto pero se tes calquera dúbida podes poñerte en contacto con nos neste email falemosdelecturas@gmail.com
Un cordial saúdo e grazas do grupo "Falemos de lecturas"".

martes, 3 de enero de 2012

Libros do 2011


Temos libros do ano!

Mellor que o partido do século ou o empregado do mes, os resultados que todos esperabamos por fin están aquí! O mellor do defunto 2011!

Tras o laborioso reconto, e por estreita marxe, os libros elixidos por a votación dos nosos lectores son:

(redobre de tambor)
 

Redondela: El jardín olvidado, La casa de Riverton, de Kate Morton  /  La princesa de los corales, de Tea Stilton.

Chapela: Los enamoramientos, de Javier Marías / El diario de Greg, de Jeff Kinney.

Mañá, os nomes dos gañadores do sorteo!
_______

Epa! Descubrimos o esquecido no xardín! E era... unha data! Resulta que ese libro foi publicado en 2010, polo que por dous meses a australiana Kate Morton queda descualificada e desposuída do galardón. Procedemos, entón, a entronizar á segunda opción: "La casa de Riverton," de Kate Morton!



Lembramos a todos os nosos pacientes lectores que Kate en español é Catalina... e, si, a señora Catuxa Morton sempre toma o dobre de cuncas de arroz.

______
E, aquí, os gañadores! Ilustrísimo señor don Aarón Pérez, Egrexio señor don Aessa Faleh, Esclarecida señora dona Sonia Fraga e Magno señor don Legese García.

Incluímos foto do primeiro deles en representación de todos.


Nosas máis cordiais felicitacións!

domingo, 27 de noviembre de 2011

Unha colección con LETRA GRANDE: LECTURA +

 Non , non é un erro tipográfico; eliximos un maior tamaño de letra para esta entrada para estar na onda coa colección da que vos imos informar:
"Lectura + (Lectura plus)"
 "Lectura +" é  unha colección con letra grande pensada para satisfacer a demanda de todas aquelas persoas que por calquera motivo teñen dificultades para ler libros con estilo e tipografía de tamaño convencional.


A idea  naceu en Inglaterra no ano 1964 impulsada polo empeño de Agatha Christie en que as súas vellas amigas puidesen seguir lendo os seus libros,  pero non foi utilizada en España ata o ano 2000.  45 anos máis tarde, "Lectura + " naceu co obxectivo de satisfacer a demanda e achegar obras de autores universais, clásicos e contemporáneos, a todas aquelas persoas con dificultades de visión.

Así a colección caracterízase por usar un tipo de letra de fácil lectura: tipografía palatina con corpo de texto 17 e interlineado de 19 puntos. A pesar destas características especiais, os volumes non aumentarán o seu tamaño, xa que o formato manterase nos 15 x 23 centímetros e cada edición terá unha media de 288 páxinas, aínda que hai títulos que as superan, por exemplo o que atoparedes nestes momentos na Biblioteca Municipal "Muerte en la Fenice" de Donna Leon (444 p.) (Prometemos aumentar a colección no principio do ano, tanto na biblioteca municipal como na axencia de lectura de Chapela)
O deseño é sinxelo pero lese con agrado e a colección xa conta cunha apreciable variedade.
Desexámoslle unha longa vida pois é unha iniciativa moi necesaria
Aquí podedes acceder a algunhas das obras editadas ata o momento

jueves, 20 de octubre de 2011

Edición electrónica e lectura dixital

¿Cómo seleccionar y adquirir libros electrónicos? ¿Deberían los editores abrir sus contenidos digitales y sus bases de datos a los desarrolladores? ¿Ofrecerá Amazon lo que esperan los usuarios españoles? ¿Cuáles son los nuevos escenarios en el sector del libro digital en España? ¿Qué temas se debatieron en el I Simposio Internacional del Libro Electrónico? ¿Qué oportunidades ofrece el mercado digital español para autores y editores de textos en español? La respuesta a estas cuestiones, así como otras noticias y comentarios de la actualidad del libro electrónico en el boletín mensual DOCUMENTA número 17.
Además, en él encontraréis vídeos, páginas web, monografías e informes relacionados con el devenir de la edición electrónica y de la lectura en el entorno digital.
Si queréis acceder a los números anteriores, podéis hacerlo desde el menú que encontraréis al final del boletín.

(Enviado pola Fundación Germán Sánchez Ruipérez)