Mostrando entradas con la etiqueta Literaturas Irmás. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Literaturas Irmás. Mostrar todas las entradas

sábado, 11 de abril de 2020

Eu recomendo...(2)

O pasado mes de decembro, iniciamos no blogue de Literaturas Irmás-Irmãs a sección "Eu recomendo..." na que diferentes representantes da cultura de Monçao e  de Redondela, fálannos dunha obra da súa preferencia, en lingua portuguesa e galega, respectivamente.

Neste momento de confinamento, vai ver a luz esta entrada que inicialmente se ía publicar no mes de febreiro pero que, por diversas circunstancias, demorouse ata o día de hoxe.


Nesta ocasión, estas son as recomendacións:


     Teresa Santos,  lectora da Biblioteca de Monção, 
 aconséllanos Novos Contos da Montanha de Miguel Torga

http://www.literaturasirmas.com/eu-recomendo-2/
               




Pedro Táboas da librería redondelá Moliere, 


http://www.literaturasirmas.com/eu-recomendo-3/


Tamén podes seguir a Literaturas Irmás-Irmãs no seu Instagram

 

lunes, 9 de marzo de 2020

Literaturas Irmás/Irmãs: tamén na Biblioteca de Chapela

 Dende este mes, o terceiro centro de interese do proxecto Literaturas Irmás está á vosa disposición na Biblioteca Xela Arias de Chapela, despois da súa estadía na Biblioteca de Redondela

O autor proposto para os usuarios das nosas bibliotecas dende a Biblioteca municipal de Monçao, é desta vez o madeirense José Viale Moutinho.

Pasade a coñecelo en Chapela!






O proxecto Literaturas Irmás/Irmãs pretende visibilizar a cooperación existente entre as dúas rexións (Portugal e Galiza) a través da promoción de libros en galego en bibliotecas portuguesas e libros en portugués en bibliotecas galegas, para que os usuarios das mesmas en ámbolos dous lados do Miño poidan gozar da riqueza das dúas literaturas.

viernes, 24 de enero de 2020

Desde Monçao con amor



Hai uns días, chegounos, remitida pola Biblioteca Municipal de Monçao, unha fermosa carta escrita por unha usuaria da mesma. A lectora participou no encontro que tivemos co escritor Manolo Rivas en marzo de 2019, dentro do proxecto Literaturas Irmás/Irmãs, e amosa a súa satisfacción por participar en dita actividade, e polo intercambio cos clubs de lectura das nosas bibliotecas.

 


Moitísimas grazas por estas verbas cheas de agarimo!
 Foi un privilexio compartir esa tarde convosco, cos clubs de lectura de Redondela e Chapela e mais con todos os asistentes.

 Non nos puidemos resistir a que aparecese na fotografía superior, xunto ao cartel que invita a coñecer nestes meses a José Viale Moutinho e xunto á carta, a Coca de Nadal coa que a nosa querida biblioteca veciña felicitounos as pasadas Festas.






No enlace inferior podedes acceder á carta:


martes, 7 de enero de 2020

Literaturas Irmás/Irmãs: 3ª viaxe

O pasado 20 de decembro, as bibliotecas de Redondela puxeron en marcha o terceiro centro de interese do proxecto Literaturas Irmás que vira ao redor da figura de José Viale Moutinho.






O proxecto Literaturas Irmás/Irmãs pretende visibilizar a cooperación existente entre as dúas rexións (Portugal e Galiza) a través da promoción de libros en galego en bibliotecas portuguesas e libros en portugués en bibliotecas galegas, para que os usuarios das mesmas en ámbolos dous lados do Miño poidan gozar da riqueza das dúas literaturas.

 A continuación, un 21 de marzo, Día da Poesía, foi Sophia de Mello e Agustín Fernández Paz os que continuaron o ronsel dos primeiros.

 Agora tócalles a dúas importantes figuras do noso panorama literario:
o xornalista e escritor madeirense José Viale Moutinho e a autora mindoniense Marina Mayoral.

José Viale é narrador, poeta, dramaturgo, ensaísta, e autor de libros para nenos. A súa obra foi traducida a numerosos idiomas. Membro honorario da Real Academia Galega, recibiu, entre outros premios, o Grande Prémio de Conto Camilo Castelo Branco, o Prémio do PEN Club dá Galiza e o Edmundo de Bettencourt de poesía e de conto.

   Marina Mayoral desempeñou a súa actividade laboral como Catedrática de Lingua Española na Universidade Complutense de Madrid e dirixiu e codirigido coleccións, como a colección “Biblioteca de Escritoras” da editorial Castalia, a colección “Narrativa Relatos” da editorial Edhasa ou a colección “Club de Clásicos” de Edicións SM. 
Ao seu labor literario e docente, engádese a súa ampla traxectoria como investigadora, durante a cal desenvolveu grandes estudos sobre literatura feminina, entre os que destacan Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán, así como a análise de poesía e prosa contemporáneas.
 Escribe en galego e en castelán e algunhas das súas novelas foron traducidas ao alemán, italiano, portugués, polaco e chinés. Os seus contos atópanse nas mellores antoloxías en lingua española e tamén en antoloxías de lingua inglesa e alemá.

Os materiais, que se atopan nos centros de interese,  e que se poden levar en préstamo, son facilitados polas respectivas  bibliotecas: a biblioteca de Monçao facilitounos varias obras de José Viale Moutinho
  

 mentres que desde Redondela enviamos unha selección de obras da escritora mindoniense Marina Mayoral

O proxecto Literaturas irmás contribúe á Axenda 2030 para o desenvolvemento sostible das Nacións Unidas. Concretamente, esta actividade axéitase ao Obxectivo 17, que versa sobre "Fomentar alianzas", que sinala como unha das súas metas: "Fomentar e promover a constitución de alianzas eficaces nas esferas pública, público-privada e da sociedade civil, aproveitando a experiencia e a extratexia de obtención de recursos e alianzas".

miércoles, 18 de diciembre de 2019

"Eu recomendo..."nova sección no blogue de Literaturas Irmás-Irmãs

Onte, iniciamos no blogue de Literaturas Irmás-Irmãs a sección "Eu recomendo..." na que diferentes representantes da cultura de Monçao e  de Redondela, recomendarannos, con periodicidade mensual, unha obra da súa preferencia, en lingua portuguesa e galega, respectivamente.

O mes de Nadal ven a ser o máis lucido para a estrea desta nova sección. E para arrincar motores con ela, nada mellor que recorrer a Dosi Pérez, representante máis novo dunha veterana saga de libreiros da nosa vila: La Imprenta, Hijos de Amador. Con ela dise que naceron moitos lectores de Redondela.



Dosi convídanos a ler unha obra que podemos dicir está no cume das súas preferidas: Vicus de Beto Luaces, unha obra que se encadra dentro do que xa podemos denominar como novela negra viguesa.

Pero xa calamos e que fale Dosi! (premede neste link para lelo)

O escritor Beto Luaces recolle o noso proxecto nas súas redes sociais. 
(Moitas grazas, Beto! 😀)



No Tweeter e Instagram de Beto Luaces

No Facebook de Beto Luaces

E para finalizar dámoslle as grazas a Tania Lago pola creación e xestión deste blogue. Un novo instrumento ao servizo dos lazos culturais entre dous municipios, bibliotecas e cidadanías.

O Blogue de Literaturas Irmás-Irmãs

O proxecto Literaturas Irmás/Irmãs 
ten blogue propio 

PICA AQUÍ para acceder ao blogue

Este proxecto, como ben sabedes, pretende visibilizar a cooperación existente entre as dúas rexións (Portugal e Galiza) a través da promoción de libros en galego en bibliotecas portuguesas e libros en portugués en bibliotecas galegas, para que os usuarios das mesmas en ámbolos dous lados do Miño poidan gozar da riqueza das dúas literaturas.

 En xuño de 2018, unha representación cultural do concello de Redondela, das bibliotecas municipais e mais a mentora do proxecto, Tania Lago, desprazouse á vila portuguesa de Monção para dar comezo a unha colaboración entre as bibliotecas dos dous municipios, dentro desta iniciativa. 


 No blogue podedes atopar aos autores que protagonizan os centros de interese que se colocan  nas bibliotecas de cada municipio referentes a un autor galego, no caso da de Monçao, e a un autor portugués nas de Redondela. Así mesmo cada mes e medio atoparedes unha recomendación por parte dun axente cultural e de cidadáns en xeral  de cada localidade dunha obra en lingua galega e portuguesa.



 Non esquezades que Literaturas Irmás-Irmãs tamén ten presenza en Instagram desde o ano 2018

Estes instrumentos que crean lazos entre municipios, entre bibliotecas, entre cidadáns, están xestionados con creatividade, bo gusto e profesionalidade por Tania Lago, á que desde aquí enviamos o noso máis caloroso agradecemento.

lunes, 25 de marzo de 2019

Redondela e Monçao, Literaturas Irmás/Irmãs

O escritor Manuel Rivas participou o pasado mércores, 20 de marzo, nun encontro público no Auditorio do Multiúsos de Redondela




O acto, organizado polo Servizo de  Normalización Lingüística coa colaboración da Bibliotecas Municipais de Redondela, tivo como marco o proxecto de irmandamento Literaturas Irmás/Irmãs , que comparten as Bibliotecas Municipais da nosa vila  e Biblioteca municipal de Monçao. 
Manuel Rivas foi o primeiro escritor que acolleu a biblioteca portuguesa e Saramago o que acolleu Redondela dentro deste proxecto tansfronteirizo, no que se fomenta  o mutuo coñecemento cultural e lingüístico.



Nestes momentos son Agustín Fernández Paz e Sophia de Mello os que viaxaron ás súas bibliotecas irmás.


 O encontro foi próximo e entrañable, grazas tanto a autor como ao marabilloso grupo de lectores de Monçao que coa súa bibliotecaria, Elisabete, á fronte, gañáronnos a todos coa súa simpatía e agarimo
 
Aquí deixámosvos unha selección de fotografías desa tarde, nas que podedes ver a decoración conmemorativa do seguinte día: unha cortina conformada con poesías de Manuel Rivas que tamén engalanaban a subida das escaleiras de acceso ao auditorio, os chanzos tuneados co recordatorio do Día Mundial da Poesía, os versos, de autores galegos e portugueses, pegados detrás de cada butaca e que recitados ao final da xornada polo público participante, foron o mellor dos broches


Aquí, a gravación do evento ao completo grazas a Roberto Solano.

Queremos, tamén, agradecer desde estas liñas a Manuel e Pilar, ordenanzas que desenvolven o seu labor no Multiúsos da Xunqueira, o seu gran traballo para que toda a xornada lucise da mellor maneira.


  O portugués, o galego, o silencio, a cultura, a sociedade, os sentimentos, as lembranzas e...unha xesta, como despedida dun gran autor, recollida en Chapela, para protexer, atraer a boa sorte e para que se cumpran os nosos anhelos


martes, 19 de marzo de 2019

Día da Poesía con Sophia


O 21 de marzo é o Día Mundial da Poesía e nas bibliotecas de Redondela celebrámolo coa posta en marcha do segundo centro de interese do proxecto Literaturas Irmás que vira ao redor da figura da poeta Sophia de Mello

Centro de interés de Sophia de Mello  na sala xeral

O proxecto Literaturas Irmás/Irmãs pretende visibilizar a cooperación existente entre as dúas rexións (Portugal e Galiza) a través da promoción de libros en galego en bibliotecas portuguesas e libros en portugués en bibliotecas galegas, para que os usuarios das mesmas en ámbolos dous lados do Miño poidan gozar da riqueza das dúas literaturas.

Poemas de Sophia de Mello a disposición dos lectores  no Día da Poesía


 
Reverso das follas de poemas
 
Os materiais, que se atopan nos centros de interese,  e que se poden levar en préstamo, son facilitados polas respectivas  bibliotecas: a biblioteca de Monçao facilitounos as obras de Sophia de Mello, mentres que desde Redondela enviamos unha selección de obras do noso lembrado Agustín Fernández Paz, autor que sustitúe a Manuel Rivas na nosa biblioteca irmá.