Mostrando entradas con la etiqueta Premios e efemérides. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Premios e efemérides. Mostrar todas las entradas

viernes, 14 de mayo de 2021

Xela na Voz Amiga de… Amparo Castaño

 ✴Marabilloso programa o que nos regalan hoxe Ana Facchini e as ondas de Radio Redondela a través do programa “Xela a Diario. Voces Amigas”, organizado polas Bibliotecas Municipais de Redondela.

✴Unha honra contar coas lembranzas e as palabras de Amparo Castaño, nai de Xela Arias. 

Moitísimas grazas pola túa afabilidade e cariño, Amparo, e por compartir a Xela con todos nós

Aquí, na web de Radio Redondela

 

viernes, 7 de mayo de 2021

Xela na Voz Amiga de… Yolanda Castaño


 Unha queridísima amiga de Redondela e as súas bibliotecas, hoxe, en Xela na Voz Amiga de…a poeta e crítica literaria Yolanda Castaño

Xela a Diario. Voces Amigas” está coordinado e conducido pola narradora e dinamizadora cultural Ana Facchini


Aquí, na web de Radio Redondela

 

 

miércoles, 5 de mayo de 2021

Xela na Voz Amiga de… Susana Trigo


 

No espazo de hoxe, Xela na Voz Amiga de…a mestra e xeógrafa Susana Trigo, que coñeceu a Xela Arias nos seus comezos como escritora.

“Xela a Diario. Voces Amigas” está coordinado e conducido pola narradora e dinamizadora cultural Ana Facchini

Aquí, na web de Radio Redondela.


As mellores lectoras do ano 2020... na Biblioteca Valle-Inclán

 As Mellores Lectoras do Ano 2020 na Biblioteca P. M. Valle-Inclán de Redondela!, en recoñecemento ao uso que realizaron do servizo de préstamo o pasado ano.
 
Iria, de 8 anos, e María Cristina Alfaya, son "Socias de Honra" durante un ano e poderán retirar en préstamo un maior número de obras.
 
O galardón fainas merecedoras dun premio para a adquisición de libros nunha librería do municipio
 
PARABÉN!!!
 

lunes, 3 de mayo de 2021

Xela na Voz Amiga de…María Xosé Queizán

 ✴QUE ALEGRÍA❗


✅Hoxe comezamos a segunda fase de “Xela a Diario” que leva o nome de “Xela a Diario. VOCES AMIGAS”.

✅Esta segunda fase do proxecto se estenderá ata o 17 de maio e conta con catorce destacados/as convidados/as , entre eles/as persoas que coñeceron persoalmente a Xela Arias, así como membros da súa familia, que nos falarán sobre a autora.
 
 
 Neste primeiro dos espazos “Voces amigas” contamos coa escritora e catedrática de lingua e literatura María Xosé Queizán.

Moitas grazas e …a gozar!

Aquí, na web de Radio Redondela.


domingo, 2 de mayo de 2021

"Xela a Diario. Voces Amigas" do 3 ao 17 de maio en Radio Redondela.

Este pasado venres se emitía o último dos programas radiofónicos de "Xela a Diario. O poema somos nós", que se enmarca dentro das actividades das Bibliotecas Municipais de Redondela para homenaxear a Xela Arias, autora á que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.
Se non tivestes a oportunidade de escoitalos deixámosvos esta ligazón co acceso aos 20 podcast, duns 8 min. cada un, nos que a narradora e dinamizadora cultural Ana Facchini, coa colaboración de distintos representantes do mundo da cultura, achegaravos a figura da autora dun xeito ameno, entusiasta e enriquecedor.
 
 
Pero "Xela a Diario" non termina aí.
O 3 de maio dará comezo a segunda fase do proxecto co nome de “Xela a diario. Voces amigas”.
Contará con catorce destacados/as convidados/as , entre eles persoas que coñeceron persoalmente a autora, así como membros da súa familia. Todo isto coa colaboración da Radio Municipal de Redondela
 
“Xela a diario. Voces amigas”se emitirá a través das ondas da Radio
Municipal de Redondela do 3 ao 17 de maio, de luns a domingo, en horario de 12:00 e 17:00 h. Nas fins de semana tamén será difundido pola Rede de Emisoras Municipais Galegas (EMUGA).


Así mesmo, os podcast estarán dispoñibles diariamente, a través da páxina web de Radio Redondela e nas redes sociais das Bibliotecas Municipais de Redondela.
 
Este ano en que as Letras Galegas se lle adican á poeta e tradutora Xela Arias, as bibliotecas municipais de Redondela están comprometidas como nunca coa celebración desta festa no noso municipio pois unha das bibliotecas da súa Rede, a que está situada en Chapela, leva como nome Xela Arias dende o ano 2018 por votación popular.