Mostrando entradas con la etiqueta Visitas á biblioteca. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Visitas á biblioteca. Mostrar todas las entradas

jueves, 27 de febrero de 2020

Homenaxe a Rosalía de Castro na Biblioteca Xela Arias, co CEIP Alexandre Bóveda de Chapela

Premede na imaxe para ver máis fotografías da actividade


O CEIP Alexandre Bóveda e a Biblioteca Xela Arias festexaron esta mañá o aniversario de Rosalía de Castro.

O alumnado de 1º e mais de 4º se achegaron á biblioteca municipal, onde encheron a sala infantil de flores e de poemas rosalianos, así como de fermosas notas musicais, cantando xuntos un dos máis coñecidos poemas da autora iriense (musicado pola cantante Uxía):
"Como chove miudiño".

Agora a nosa biblioteca está máis florida e bonita que nunca coa beleza dos versos rosalianos e o arrecendo destas flores multicolores. Ademáis, da nosa parede colgan uns orixinalísimos móbiles coa efixie da nosa escritora... Como locen na nosa sala!

Grazas, cole Angorén pola vosa visita e polos vosos agasallos.

martes, 11 de febrero de 2020

Visita do CEP Santa Mariña á Biblioteca de Redondela

Como gozamos onte, na visita do CEP Santa Mariña á Biblioteca de Redondela 😍🎉
O fin de festa coa maga Leo Leiño e a súa axudante Cris Chisgarabís foi o máis divertido e máxico do "mundo mundial".

Pica na imaxe para acceder a máis fotografías da visita
https://photos.google.com/share/AF1QipN1xVHtij_LrZTDc1HddcGRPvfCSNSYlJ_Un9hy9QdZ7_Axhd6x4WjoSapy7AeNdg?key=M0tqS1d1bVJfSUhNNmNDMVVRMU1qVm5yRmlKYTB3

lunes, 2 de diciembre de 2019

O C.S. de Educación Infantil do IES Chapela coñece a colección de literatura infantil da biblioteca



O alumnado do C.S. de Educación Infantil modular do IES Chapela achegouse o pasado venres á Biblioteca Xela Arias, situada moi preto das súas instalacións, para coñecer un pouco máis sobre literatura infantil, e sobre os libros que máis gustan ás crianzas.
Dentro da súa asignatura "Expresión" pronto van traballar cos contos para cativos, polo que achegarse á biblioteca e coñecer as actividades que desenvolven cos nenos/as e mais os fondos que teñen de literatura infantil e xuvenil élles de moito interese.

 














A visita foi un furacán de propostas e suxerencias, con moitísimos libros (e moi bos) entre contos populares, álbumes ilustrados e outras propostas da nosa colección.

Agardamos que os asistentes recolleran ideas destes libros para traballar coa literatura infantil nas próximas semanas. Sabemos que algúns deles xa se decantaron por algúns títulos. Agardamos poder coñecer o seu traballo! 

Moitas grazas a este alumnado, e mais a Marga, a súa profesora, por darlle vida á nosa literatura e permitirnos (a nós tamén) gozar con ela. 😀

lunes, 21 de octubre de 2019

Actividades na Biblioteca de Redondela para comezar o curso


ESCAPE ROOM-Atrapados con Alicia
con Ceo Aberto




O pasado venres, en tres sesións, varios grupos de nen@s, atrapad@s na historia de Alicia no País das Marabillas, intentaron saír da mesma a través da resolución de diferentes probas, mensaxes ocultas,  enigmas,...ata  conseguir os códigos necesarios para acadar a  liberación final.
Exitazo total da actividade entre tod@s @s participantes.

POLA IGUALDADE DENDE A MAXIA 
con Leo Leiño e VISITA DO ALUMNADO DE 2º DO CEIP SANTA MARIÑA


A Maga Leo Leiño, e a súa axudante, Cris Chisgarabís, trouxeron moita maxia á visita que nos fixeron @s nos@s amig@s do CEIP Santa Mariña o pasado día 7. Mediante xogos maxicos coñecemos ás mulleres que loitaron polos dereitos, espallando  polo mundo dunha forma incrible a igualdade. 

Como Houdini liberarase das cadeas que lle quitaban a liberdade, @s nos@s amig@s fixeron, a través do ilusionismo, que os  mellores desexos se fixeran realidade.

 
SOÑANDO INVENTEI 
 con María Faltri e Jorge Juncal 


O 4 de outubro, cancións e historias pola igualdade da man de María Faltri e Jorge Juncal 




POEMA ZEN con Elisabet Hillerud

 
Na mañá do 19 de setembro, na biblioteca de Redondela, desenvolveuse un fantástico obradoiro segundo o método zentangle no que se decorou un poema de Gloria Fuertes sobre a igualdade.
Xa tivemos a oportunidade de contar con Elisabet Hillerud en outras ocasións e soamente podemos dicir que é un auténtico luxo poder gozar da súa maestría unha vez máis.
"Poema zen", nome que recibe esta actividade dentro do programa Ler conta Moito, fixo as delicias de tódalas participantes🤩🤩🤩
#lercontamoito

 


 
BIOTECNÓLOGOS RESOLVEN UN CRIME NA BIBLIOTECA - Actividade para rapazada

Agggghhhh! Un cadáver na biblioteca de Redondela??? 😱😱😱😱
Non☺️, son os Biotecnólogos escrarecendo un crime na Biblioteca a mañá do 6 de setembro 😎😎😎
#lercontamoito



OS CATRO TESOUROS - Cos clubs de lectura das bibliotecas


Cando se sae dunha actividade con ansias de que durase máis e máis, é que foi un éxito e gozouse unha chea😀; así na tarde do día 6, no obradoiro de iniciación á caligrafía chinesa co que os clubs de lectura iniciaban o novo curso.
Moitas grazas ao profesor, Miguel Cortés, por descubrir en cada un de nós ao chinés que levamos dentro ☺️☺️☺️☺️



Actividades realizadas dentro do programa Ler conta Moito.



martes, 30 de octubre de 2018

Visitamos a exposición "Os obxectivos do desenvolvemento sostible" con COGAMI

Exposición "Os Obxectivos do Desenvolvemento Sostible". Visita de COGAMI
Preme nas imaxes para ver as fotografías


Un grupo de usuarios de COGAMI achegouse esta mañá á Biblioteca de Chapela para visitar a exposición "Os obxectivos do desenvolvemento sostible: un camiño para acabar coa pobreza e as desigualdades alá e acolá", organizada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, e que pode visitarse nestes días no Multiúsos de Chapela grazas á colaboración das Bibliotecas Municipais.


A mostra achéganos dun xeito orixinal os 17 Obxectivos do Desenvolvemento Sostible (ODS), fixados polas Nacións Unidas dentro da Axenda 2030. Nela cada un destes ODS está representado por unha viñeta dun autor/a, tanto de Galicia coma de países africanos da Lusofonía (Mozambique, Cabo Verde e Guinea-Bissau neste caso). A través das obras destes 15 debuxantes, preténdese fomentar a reflexión, a nivel local e global, sobre temas como a loita contra a fame, o acceso á saúde e á educación, a equidade de xénero ou a protección do planeta. Ao tempo, búscase concienciar sobre as medidas que cadaquén pode tomar e/ou esixir ao respecto.


Na primeira parte da visita, os nosos convidados achegáronse á sala de exposicións, e se sorprenderon polo grande volume das pezas que forman parte dela, amén do seu curioso contido.



A segunda parte da visita realizámola na biblioteca, onde traballamos máis polo miúdo o que significan estes ODS e fixemos propostas sobre como mellorar a nosa contorna e o noso planeta. Para elo contamos con apoio audiovisual, co traballo en grupo dos participantes e, por suposto, cos fondos da colección da biblioteca... Ata nos divertimos contando un conto!



Agradecemos a COGAMI o ter visitado a nosa biblioteca por segundo ano consecutivo e por festexar con nós, a través desta actividade, o 50 aniversario das bibliotecas redondelanas.

Graciñas e ata a próxima!


martes, 25 de septiembre de 2018

Recibimos a unha técnica mozambicana nas nosas bibliotecas, a través do Fondo Galego de Cooperación

Visita á Biblioteca da técnica da Asociación de Municipios Mozambicanos
Preme na imaxe para ver fotografías

Aínda sumida no festexo do 50 aniversario, a biblioteca municipal de Redondela recibiu hoxe unha visita formativa grazas ao estreito vínculo que temos co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.



Antes de nada, facemos unha pequena introdución:

Ao longo deste mes o Fondo Galego está a desenvolver o seu programa Vacacións con Traballo en Galicia, a través do cal unha traballadora dos países parceiros do Fondo Galego no Sur se achega aos nosos municipios para coñecer o traballo en diferentes áreas técnicas, informarse dos proxectos que se están a realizar nos nosos concellos e intercambiar coñecementos técnicos cos respectivos traballadores.

A mozambicana Elsa Dimande, traballadora social da Asociación de Municipios Mozambicanos (ANAMM), é a participante deste ano en dito programa. Xunto coas aprendizaxes técnicas que tiña previsto reforzar na súa visita aos concellos galegos, entre os que destacan a igualdade de xénero, o traballo social con nenos ou o asociacionismo feminista, interesouse tamén polo traballo das bibliotecas. O seu interese ten que ver coa planificación da apertura dunha futura bibilioteca na sede da organización supramunicipal na que traballa.

Encontro a través de dúas experiencias que se irmandan...

Inmediatamente os técnicos do Fondo Galego pensaron na Biblioteca de Redondela como un lugar axeitado para esta aprendizaxe, xa que

1- O Concello de Redondela é un dos integrantes do Fondo Galego, levando actualmente a súa vicepresidencia, da man da concelleira Teresa París.

2- A nosa compañeira María José, auxiliar da Biblioteca de Chapela, tamén participou no programa Vacacións con Traballo, hai tres anos, no que se desprazou a un municipio de Cabo Verde para axudar na organización da súa biblioteca.


Así que hoxe, tiñamos visita...

Elsa Dimande interesouse polas labores fundamentais para a posta en marcha dunha biblioteca, a organización dos fondos, ou moitas cuestións técnicas bibliotecarias, sobre as que estableceu un diálogo cos nosos traballadores. O contacto futuro entre ela e compañeiros da biblioteca redondelana quedou fixado, de xeito que, no que podamos, tentaremos apoiar ese proxecto mozambicano a través do noso apoio e asesoramento remoto.

Elsa tamén coñeceu as actividades que estamos a realizar dentro da celebración do noso 50 aniversario, e desexounos moitos éxitos e parabéns por ter chegado a esta efeméride.

Dende aquí mandamos o noso apoio a Elsa Dimande e ao proxecto de biblioteca da Asociación de Municipios Mozambicanos. Agardamos novas nun futuro próximo sobre o mesmo.

Grazas Elsa Dimande e grazas a Carmen Novás, do Fondo Galego de Cooperación, pola vosa visita.



sábado, 14 de julio de 2018

Visita do campamento de verán 2018 da Piscina Municipal

As bibliotecas son lugares moi especiais, e...o máis impresionante? Os estupendos usuarios que as visitan, como os nenos do campamento de verán da Piscina Municipal, este pasado venres.
 
Diante da Casa da Cultura que aloxou nos anos noventa á Biblioteca P.M. Valle-Inclán de Redondela

Co 50 aniversario como elemento central dun percorrido que os levou desde as orixes ata a actualidade das bibliotecas de Redondela, o nenos seguiron con atención as explicacións de Cote e Azucena, e demostrárono coas acertadas respostas que, ao remate, os levaron a gañar varios premios sorpresa.

 Para todos, como recordo, unha guía de Redondela cos Bolechas como inmellorables cicerones . Moitas grazas a todos pola vosa visita!

Aquí tódalas fotografías da mesma:
Visita do Campamento de Verán da Piscina Municipal

jueves, 10 de mayo de 2018

Unha visita sempre entrañable...

Os nenos da Escola Infantil Carrusel visitaron onte a biblioteca de Redondela  acompañados de Paula e Marta . 
 

  Xenial contarlles historias e ver as súas cariñas e a súa animación mentres gozaban das mesmas, narradas pola nosa compañeira Mª José, e dos libros da sala infantil.
  
   Como final, non podía faltar a foto diante da nosa mascota Leolo, que celebra este ano o seu  decimo aniversario, e co supercarné das bibliotecas para unirse á campaña #eubibliotecasredondela50 e á felicitación polo 50 aniversario

Aquí podedes acceder a todas as imaxes da visita:

Carrusel 2018
Moitas grazas a nosa compañeira Mª José por compartir connosco a entrañable visita dos nosos amigos da escola Carrusel.
 Ata o próximo ano!

lunes, 16 de abril de 2018

Visita do CEIP Atalaya-Cantabria á biblioteca de Chapela

Visita á biblioteca de Chapela
Preme na imaxe para ver as fotografías

A biblioteca de Chapela recibiu nas súas instalacións ao alumnado de Infantil do CEIP Atalaya-Cantabria. 

Cativos e cativas achegáronse a coñecer os servizos das bibliotecas e os libros e outros tesouros que se agochan en este centro.
Contando contos
Ademáis, asistiron nela a un contacontos sobre osos e osiños, e a coñecer a gran colección de contos sobre estes animáis que se atopan agochados nos seus estantes. Participaron pintando os osos máis orixinais dos nosos bosques, e se despediron fotografándose cos carnés das bibliotecas.
Debuxando, na sala dos adultos da biblioteca
 Moitas grazas pola vosa visita, rapazada do Atalaya-Cantabria! Ata outra vez!

Despedímonos diante da porta da biblioteca, con Leolo e cos carnés das bibliotecas
#eubibliotecasredondela50

lunes, 31 de julio de 2017

A rapazada de Verán con Simona visita a Biblioteca de Chapela

Nestes días as bibliotecas municipais recibimos visitas dos rapaces e rapazas que gozan dos campamentos de verán da nosa vila. Desta vez a rapazada do campamento Verán con Simona do Multiúsos de Chapela recalaba na biblioteca municipal situada neste edificio.


Os cativos e cativas deste campamento gozaron coa narración de Contos Monstr-OSOS, onde os monstros e mais os osos tiveron moito protagonismo.

A nosa copañeira Mª José achegoulles historias arrepiantemente divertidas, que tiveron moi boa acollida neste público namorado dos contos.


Ao rematar, os participantes representaron a súa versión particular do marabilloso Grúfalo ilustrado polo xenial Axel Scheffler.

Grazas pola visita. Agradecemos aos rapaces e mais aos monitores contar coa biblioteca nas súas actividades de verán. Verémonos para o ano que vén!
Os cativos de Verán con Simona representaron a súa versión do famoso Grúfalo ilustrado por A. Scheffler

viernes, 28 de julio de 2017

Unha visita moi refrescante

O pasado 26 de xullo, a biblioteca  de Redondela recibiu a un grupo de mozos do campamento de verán da piscina municipal.

Gozamos das historias viaxeiras de Olga Cuervo contidas na súa Caixa de Ilusións....Da devandita caixa saíron uns zapatos para ir máis amodo e mirar con respecto todo o que nos rodea.
Visita do Campamento da Piscina Municipal
Os rapaces tiveron ocasión de, rematado o contacontos,  esculcar e dedicar uns momentos á lectura na sala xuvenil da biblioteca.


Moitas grazas por tan especial visita!!!!!!!!!!

viernes, 21 de julio de 2017

UN MOMENTO MÁXICO NA BIBLIOTECA DE REDONDELA


Esta mañá, para recibir a visita dos nenos e nenas do  Redondela English Center, a Biblioteca Municipal de Redondela converteuse temporalmente nunha escola de maxia grazas a maga Leo e a súa axundante Cristina. Xuntos compartimos un intre de trucos e sorpresas... e  rematamos case con bágoas de emoción nos ollos cando lembrando a neve, Leo fíxoa caer sobre todos nós.


Na nosa sala infantil, entre contos e libros, puideron descubrir o feitizo das historias e as palabras que os levaron aos mundos fantásticos da súa imaxinación.

Na sala de adultos, fixeron un percorrido que levounos a coñecer todos os seus espazos.
Aquí deixámosvos a fermosa entrada sobre a visita no blogue do centro

Grazas a tódolos nenos/as e ás súas profesoras pola súa simpatía e complicidade. Foi unha mañá inesquecible.


ATA A PRÓXIMA!!!!!!
Aquí próximamente todas as fotos da visita no flickr da biblioteca

miércoles, 3 de mayo de 2017

Visita de COGAMI á Biblioteca de Chapela


Nestes días a Biblioteca de Chapela recibiu unha visita moi especial: usuarios de COGAMI coñeceron a biblioteca e os seus servizos, interesándose especialmente polo libro electrónico e mais polas actividades para adultos.

Ademáis indagaron nalgúns dos nosos fondos, e gozaron da lectura dalgúns dos nosos máis suxestivos álbumes ilustrados.

Un grupo fantástico que agardamos poder recibir en futuras ocasións.
Grazas por vir!


jueves, 27 de abril de 2017

Visita do CEIP Alexandre Bóveda á Biblioteca de Chapela, festexando o Día do Libro

Os cativos dos tres ciclos de Infantil do CEIP Alexandre Bóveda de Chapela achegáronse á biblioteca municipal para coñecer as súas instalacións e os seus servizos.
Visita CEIP Alexandre Bóveda á biblioteca de Chapela
Premer na imaxe para ver as fotos
Como este ano están traballando co tema da ARQUITECTURA, na biblioteca amosámoslles moitos libros que falan das cidades e das construcións, e contos que se desenvolven en casas, pazos, cabañas, casas de árbores, iglús... (hai tantos!)

E como non hai mellores construtores na nosa literatura tradicional que "Os tres porquiños", contamos este conto, e pudemos constatar que estes rapaces e rapazas o saben moi ben, sendo así bos coñecedores da tradición oral.

O segundo conto descrebe de xeito moi divertido as estancias da casa, e está cheo de monstros e de sorpresas: "A casa da miña avoa".

Os cativos colorearon propostas sobre diferentes construcións e arquiteturas que poden poboar a nosa cidade imaxinaria, que quedaron expostas nun mural á entrada da biblioteca.

Por último, e enlazando con un dos contos, os rapaces puderon cantar á Biblioteca de Chapela o "Parabéns para tí", polo seu 12 aniversario, e degustar unha riquísima tarta de gominolas.


Velaquí podedes ver a referencia a esta actividade no blog do propio cole.

E velaquí uns fragmentos en vídeo desta mañá tan divertida.