Mostrando entradas con la etiqueta Librerías. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Librerías. Mostrar todas las entradas

jueves, 14 de mayo de 2020

Premios na fase de desescalada

🏆Premios na fase de desescalada
   
🥇@s gañador@s do Premio Mellor Lector/a do Ano das Bibliotecas Municipais de Redondela xa están a recoller os seus agasallos 📔📘📒nas librerías do municipio.
 
Os irmáns🔹 Brais e Adrián, de 5 anos, xunto con 🔹Sheyla Fernández (na fotografía recollendo o seu premio na Librería La Imprenta) na Biblioteca P.M. Valle-Inclán de Redondela, e 🔸David Fernández, tamén de 5 anos, xunto con 🔸José Lorenzo, na Biblioteca P.M. Xela Arias de Chapela, foron os galardoados deste ano nas categorías de menores e maiores de 14 anos; isto fainos merecedores dun premio para a adquisición de libros📚 nunha librería do municipio.


José Lorenzo, mellor lector do ano 2019 da Biblioteca Xela Arias, recolle o seu premio na librería Acuario, situada na mesma parroquia.
🎁📚📚
Brais e Adrián xa recolleron os seus contos📚 como 🏆Premio aos Mellores Lectores Infantís da biblioteca de Redondela no 2019, na Librería Mandamamá.
David Fernández, Mellor Lector Infantil 2019 🥇📖 da Biblioteca de Chapela, recolle o seu premio 📚 na Librería Acuario

🏣As Bibliotecas Municipais de Redondela distinguen cada ano, en torno ao Día do Libro📖, aos lectores e lectoras menores e maiores de 14 anos, que maior uso realizaron do servizo de préstamo, atendendo aos datos que rexistran as súas estatísticas.

jueves, 23 de abril de 2020

Persoal das librerías e mais das bibliotecas públicas de Redondela celebran unidos pero dende as súas casas o Día do Libro


Aínda que este ano 2020 non podemos abrir ao público polas medidas especiais de confinamento, libreiros e libreiras de Redondela e mais o persoal das súas bibliotecas públicas xuntámonos para homenaxear a esta data tan especial.

Como xa vos anunciamos, a nosa felicitación é virtual, a través dunha pequena montaxe fotográfica que fixemos con moito agarimo.

Cada un de nós decidiu retratarse naquel sitio especial onde pasa máis horas coa lectura.
Bibliotecas e librerías de Redondela desexamos voltar abrir as nosas portas e recibir aos nosos lectores e lectoras, pero de momento toca agardar.

Así que, mentres tanto...
#quedanacasaele
#quedateencasaylee
#euquedonacasa
#aculturasegue
Feliz Día do Libro!

 

No Álbum de Lembranzas do concello

sábado, 11 de abril de 2020

Eu recomendo...(2)

O pasado mes de decembro, iniciamos no blogue de Literaturas Irmás-Irmãs a sección "Eu recomendo..." na que diferentes representantes da cultura de Monçao e  de Redondela, fálannos dunha obra da súa preferencia, en lingua portuguesa e galega, respectivamente.

Neste momento de confinamento, vai ver a luz esta entrada que inicialmente se ía publicar no mes de febreiro pero que, por diversas circunstancias, demorouse ata o día de hoxe.


Nesta ocasión, estas son as recomendacións:


     Teresa Santos,  lectora da Biblioteca de Monção, 
 aconséllanos Novos Contos da Montanha de Miguel Torga

http://www.literaturasirmas.com/eu-recomendo-2/
               




Pedro Táboas da librería redondelá Moliere, 


http://www.literaturasirmas.com/eu-recomendo-3/


Tamén podes seguir a Literaturas Irmás-Irmãs no seu Instagram

 

miércoles, 18 de diciembre de 2019

"Eu recomendo..."nova sección no blogue de Literaturas Irmás-Irmãs

Onte, iniciamos no blogue de Literaturas Irmás-Irmãs a sección "Eu recomendo..." na que diferentes representantes da cultura de Monçao e  de Redondela, recomendarannos, con periodicidade mensual, unha obra da súa preferencia, en lingua portuguesa e galega, respectivamente.

O mes de Nadal ven a ser o máis lucido para a estrea desta nova sección. E para arrincar motores con ela, nada mellor que recorrer a Dosi Pérez, representante máis novo dunha veterana saga de libreiros da nosa vila: La Imprenta, Hijos de Amador. Con ela dise que naceron moitos lectores de Redondela.



Dosi convídanos a ler unha obra que podemos dicir está no cume das súas preferidas: Vicus de Beto Luaces, unha obra que se encadra dentro do que xa podemos denominar como novela negra viguesa.

Pero xa calamos e que fale Dosi! (premede neste link para lelo)

O escritor Beto Luaces recolle o noso proxecto nas súas redes sociais. 
(Moitas grazas, Beto! 😀)



No Tweeter e Instagram de Beto Luaces

No Facebook de Beto Luaces

E para finalizar dámoslle as grazas a Tania Lago pola creación e xestión deste blogue. Un novo instrumento ao servizo dos lazos culturais entre dous municipios, bibliotecas e cidadanías.

viernes, 15 de mayo de 2015

Día del Cómic gratis en español

Un ano máis, e grazas á colaboración da Libraría Paz de Pontevedra, a Biblioteca Municipal de Redondela únese á celebración do Día del Cómic Gratis en Español que tivo lugar propiamente o pasado sábado 9.  Na biblioteca trasladamos a súa conmemoración a hoxe, venres 15 de maio, e días seguintes. Atoparédesvos un expositor con revistas de avances de cómic dalgunhas editoriais que están á vosa disposición como agasallo ata esgotar existencias.

jueves, 18 de diciembre de 2014

Recomendacións dos libreiros para estas Festas

Aquí podedes acceder un ano máis ás  RECOMENDACIÓNS DOS LIBREIROS de Redondela para regalar nestas Festas, tamén as tedes dispoñibles na web de Radio Redondela.



viernes, 16 de mayo de 2014

Estás a buscar un libro para ler ou regalar?

RECOMENDACIÓNS DOS LIBREIROS DE REDONDELA
Atoparás o título axeitado nas recomendacións dos libreiros de Redondela e máis de Eva do Servizo de Normalización Lingüística. Ademáis, ti tamén poder recomendarnos libros no apartado de comentarios desta entrada do blog.
Mandamos un saúdo moi especial á Librería Rivero de Chapela que este ano, por causas maiores, non puido particiar.

E, como sempre, o noso agradecemento a Radio Redondela por a súa colaboración.

Estas recomendacións están a facerse por iniciativa das Bibliotecas municipais e coa colaboración de Radio Redondela e dos libreiros do Concello.
FELIZ PRE-DÍA DAS LETRAS GALEGAS A TODOS!!!






lunes, 12 de mayo de 2014

Os libreiros de Redondela recomendan nas Letras Galegas

Que vou regalar ou que "me vou regalar" o 17 de maio?

Achégase o Día das Letras Galegas, unha data, que como o Día do Libro invita a adquirir unha obra que nos guste dos nosos escritores (recordade ademais que ese día hai desconto).

Se temos dúbidas acerca de en que libro investir ou, se non somos lectores afeccionados a ler en galego e non sabemos por que libro decantarnos, achegarvos, o 15 de maio, ao dial de Radio Redondela (94.9) onde os libreiros da nosa localidade nos suxerirán libros para público infantil e adulto cos que non erraremos a compra.

Será un espazo especial dentro das emisións de Radio Redondela realizado en colaboración coa Biblioteca Municipal.



A Libraría A Carambola (Reboreda), Libraría La Imprenta de Amador (Redondela), Libraría Moliere (Redondela), Libraría Doble Pauta (Redondela) e Mandamamá (Redondela), compartirán cos oíntes os libros que consideran máis acertados para regalar (e regalarse) nesta data. Por certo, un saúdo afectuoso á Libraría Rivero de Chapela que, por causas maiores, non pode participar nesta edición.

Nesta ocasión teremos unha convidada moi próxima a todos nós, Eva M. García Rei, do Servizo de Normalización Lingüística Redondela, que tamén nos achegará as súas propostas. 

Non podía faltar tampouco, Mª Elena Becerra, a nosa directora, que ten no máis absoluto dos segredos o libro que vai suxerir.



Unha vez emitido, poderá accederse aos audios do programa a través da web da Radio e do blog das Bibliotecas de Redondela:




(ilustración de Violetno)

viernes, 20 de diciembre de 2013

Os libreiros de Redondela recomendan: audios

Xa están á vosa disposición os audios coas recomendacións para este Nadal dos libreiros de Redondela. Así mesmo, deixámosvos o enlace na web de Radio Redondela ao programa completo, tal cual emitiuse no día de onte.






Programa completo en Radio Redondela

miércoles, 18 de diciembre de 2013

Os libreiros de Redondela recomendan...


O xoves, 19 de decembro, Radio Redondela en colaboración coa Biblioteca Municipal, emitirá dentro do espazo matinal  A Estación un programa especial dedicado ás recomendacións dos libreiros de Redondela, que compartirán cos oíntes os libros que máis lles gustaron e que consideran máis acertados para regalar nestas festas.

Unha vez emitido, poderá accederse aos audios do programa a través da web da Radio e do blog das Bibliotecas de Redondela



Esta iniciativa da Biblioteca Municipal e a Radio xunto cos libreiros de Redondela, está encamiñada a recordarnos a todos a "excelente adquisición" que é comprar un libro e moito máis "regalar un libro"



Participan: Libraría A Carambola (Reboreda), Libraría Rivero (Chapela), Libraría La Imprenta de Amador (Redondela), Libraría Moliere (Redondela), Libraría Doble Pauta (Redondela) e Mandamamá (Redondela)

domingo, 8 de diciembre de 2013

Personaxes dos contos no Nadal

De paseo por Pontevedra, encontramos esta panxoliña cos personaxes dos contos no escaparate dunha libraría;  pareceunos un detalle precioso e queremos compartilo convosco

miércoles, 7 de agosto de 2013

A máis veterana


A librería "Hijos de Amador Pérez" (La imprenta, recoñecida pola Xunta como o establecemento comercial máis veterano de Redondela
Os irmáns Concha e Dositeo Pérez Reboredo, recibiron das mans da directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, un diploma en recoñecemento da súa traxectoria comercial, como o establecemento en activo máis antigo de Redondela.
Fotografía, Faro de Vigo
Aquí, toda a noticia