Mostrando entradas con la etiqueta Fotografía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Fotografía. Mostrar todas las entradas

lunes, 24 de octubre de 2016

As fotos do noso concurso "Escenifica a túa lectura de verán" xa nas bibliotecas municipais


O 24 de Outubro celébrase esta marabillosa efeméride para todos os que amamos a lectura e o mundo bibliotecario.


Para festexalo, dende hoxe xa temos expostas as fotografías presentadas no concurso "Escenifica a túa lectura", que vos propuxemos neste verán a través das nosas redes sociais.


Imaxes poéticas, emocionantes, divertidas, curiosas, orixinais, atrevidas, emotivas e fascinantes, que xa podedes ver nas nosas bibliotecas.
  • Na Biblioteca de Redondela, na Sala de Adultos.
  • Na Biblioteca de Chapela, no recinto de entrada do Multiúsos.
Grazas a todos/as os participantes.

martes, 4 de octubre de 2016

A Interculturalidade, proposta bibliográfica... participación fotográfica


Aínda que a exposición "Imaxes con Fondo" do Fondo Galego de Cooperación xa rematou no Multiúsos do Piñeiral do Crego, na Biblioteca de Chapela continuamos a amosarvos unha pequena selección de libros, de temáticas diversas, pero nos que a perspectiva intercultural está moi presente.


Queremos así animarvos e motivarvos para participar na III edición do concurso Imaxes con Fondo. Podedes presentar as vosas propostas ata o 15 de Outubro.


Lembramos que:
  • Este ano 2016 o concurso xira en torno á INTERCULTURALIDADE
  • Como novidade, o concurso presenta este ano dúas seccións: fotografía e vídeo. 
  • Hai dúas categorías para participar, segundo idades: 
        - Xuvenil, para persoas de 14 a 17 anos.
        - Adultos: persoas a partir de 18 anos. 
  • Unha viaxe a Mozambique, unha cámara de fotografía e vídeo ou unha cesta de produtos de comercio xusto entre os premios. 
  • O enderezo para presentar as fotografías/vídeos participantes é imaxesconfondo@gmail.com
  • O prazo remata o Sábado 15 de Outubro.


jueves, 22 de septiembre de 2016

Felipe Carnotto fala do seu traballo fotográfico co alumnado do IES Chapela

F. Carnotto durante a súa charla co alumnado do IES Chapela, no auditorio do Multiúsos


O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está moi presente nestes días nas bibliotecas municipais, concretamente na biblioteca de Chapela.
A exposición "Imaxes con Fondo" no Multiúsos de Chapela
Como xa vos vimos contando, durante todo este mes podedes ver a exposición que eles nos traen: "Imaxes con Fondo" no Multiúsos do Piñeiral do Crego. 
Lembrámosvos que o horario para visitala é de Luns a Venres, de 16:30 a 22:30 h.

A exposición recolle unha serie de fotografías, acompañadas de textos explicativos, que enviaron mozos/as e adultos/as galegos para participar no concurso "Imaxes con Fondo", organizado pola mesma entidade, no ano 2012.

E para falar de fotografía, e particularmente de fotografía social, nada mellor que contar cun experto na materia. Grazas, novamente, ao Fondo Galego, o fotógrafo Felipe Carnotto, reporteiro gráfico freelance e gañador do concurso "Imaxes con Fondo II" (2014), desprazouse esta mañá ata o Multiúsos do Piñeiral do Crego para ter un encontro co alumnado da Familia Profesional de Servizos á Comunidade do IES Chapela

Felipe Carnotto posa con Leolo, a mascota das bibliotecas, na exposición do Multiúsos de Chapela
Carnotto amosounos o seu traballo en diferentes contextos, e contounos como o aborda el, non só dende a perspectiva técnica da fotografía, senón na súa vertente humana e informativa.
Felipe Carnotto durante a súa exposición
Un dos aspectos máis interesantes son as reportaxes que desenvolveu cos refuxiados da guerra de Siria. Neste caso traballou tanto o enfoque dende a fronteira dos Balcáns, onde miles de persoas desprazadas percorreron esta ruta na fuxida dos conflitos armados dos seus países de orixe, como dende os migrantes xa asentados en países europeos, no seu camiño pola integración.

Tamén nos amosou outros traballos, como contextos de marxinalidade e drogas na nosa contorna, nunha reportaxe que realizou no Barrio do Cura en Vigo. 

Por último, coñecimos a súa experiencia na comunidade rural de Somoto, en Nicaragua, viaxe que pudo facer co Fondo Galego de Cooperación, tras acadar o premio na II edición do concurso Imaxes con Fondo.

Fotografía de Felipe Carnotto coa que en 2014 gañou o concurso "Imaxes con Fondo II" 
Na web de Felipe Carnotto podedes achegarvos ao seu traballo como fotógrafo.

E ao rematar a presentación do noso poñente, visitamos tamén a exposición "Imaxes con Fondo", para animar aos nosos visitantes de hoxe a participar no concurso de fotografía.
Os participantes na charla visitan a exposición "Imaxes con Fondo"
Este ano o Fondo Galego de Cooperación ten aberto xa a súa III Edición do concurso "Imaxes con Fondo".

Lembramos que:
  • Este ano 2016 o concurso xira en torno á INTERCULTURALIDADE
  • Como novidade, o concurso presenta este ano dúas seccións: fotografía e vídeo. 
  • Hai dúas categorías para participar, segundo idades: 

        - Xuvenil, para persoas de 14 a 17 anos.

        - Adultos: persoas a partir de 18 anos. 

  • Unha viaxe a Mozambique, unha cámara de fotografía e vídeo ou unha cesta de produtos de comercio xusto entre os premios. 
  • O enderezo para presentar as fotografías/vídeos participantes é imaxesconfondo@gmail.com
  • O prazo remata o Sábado 15 de Outubro.



Dende as bibliotecas municipais de Redondela animámosvos a todos a participar.
Para que serva de inspiración, propoñémosvos a nosa selección de libros infantiles e xuveniles sobre a interculturalidade
Podedes consultalos, e levalos en préstamo, na Biblioteca de Chapela.
Felipe Carnotto, coas mascotas Leolo e Gato co noso centro de interese sobre a Interculturalidade

jueves, 15 de septiembre de 2016

Escenifica en Facebook

Fotografías presentadas ao concurso "Escenifica a túa lectura de verán" a través da plataforma de Facebook
"El Chojin e as súas cousas"
Fanny González Álvarez
"Calculando percorrido cara ao sur. Imos! #lecturaveran"
Melina López
"Cómaros de mel e rosas con López Foxo, para unha tarde no xardín"
Melina López
"Leyendo el caso del gatito imprudente, que tira accidentalmente una lámpara y hace comenzar la acción"
Melina López

"Tarde de lectura no Lago DI Como"
Mrta Bouzón Couñago

Toñi Rubio Veloso

"El Túnel"
Gustavo Barciela Balado

Fago a miña participación con dúas obras dunha mesma autora (e amiga) María Alonso: "Terras estrañas" (todavía non publicada) e "Despois do Cataclismo".
Din que "quen ten unha amiga ten un tesouro" pero, si ademais esta é escritora, ten tamén lecturas pendentes de verán. Un saúdo!
 
Ángela Covelo Soto




Ángela Covelo Soto