Mostrando entradas con la etiqueta Literatura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Literatura. Mostrar todas las entradas
martes, 12 de enero de 2021
viernes, 4 de marzo de 2016
"A muller na literatura romántica", mesa redonda
“A muller na literatura romántica” e o
lema da mesa redonda que organiza a Concellería de Muller do Concello de
Redondela coa colaboración das Bibliotecas Municipais do municipio, con motivo
da celebración do Día Internacional da Muller.
Participarán na mesma as escritoras galegas de
novela romántica Silvia Barbeito , Teresa
Cameselle (Premio Talismán de Novela
Romántica 2008 e Premio Vergara de Ediciones B
coa súa última novela) e
Lydia Leyte, baixo a
coordinación de Trinidad Palacios, organizadora desde o ano 2011 do “Congreso de Literatura Romántica Ciudad
de A Coruña”
O evento terá lugar na Casa da Cultura de
Redondela, situada na Praza Figueroa, ás 20:00
h. do venres 11 de marzo
A entrada é libre e de
balde
O acto rematará coa firma das autoras para todos
aqueles que o desexen.
martes, 10 de diciembre de 2013
LiteraTour
Dentro duns días teredes dispoñible na Biblioteca Municipal o xogo, LiteraTour
LiteraTour é un xogo de mesa entretido e educativo. Ten diferentes niveis de complexidade e con el poderás demostrar os teus coñecementos literarios.
Existen varias modalidades de xogo: a tradicional, similar ao clásico parchís, e a avanzada, que incorpora preguntas e retos que dinamizan e complican un pouco cada partida. Hai preguntas e retos de diferentes niveis para que tanto grandes como pequenos teñan a oportunidade de xogar.
Os tres modos de xogo:
-Usar o taboleiro como un parchís clásico.
-Xogar coas tarxetas de PREGUNTA e RETO.
-Xogar só coas tarxetas de PREGUNTA.
Os tres modos de xogo:
-Usar o taboleiro como un parchís clásico.
-Xogar coas tarxetas de PREGUNTA e RETO.
-Xogar só coas tarxetas de PREGUNTA.
jueves, 12 de julio de 2012
Encontro "Drácula: Cien años sin Bram Stoker"
"Coincidiendo con la exposición Drácula, un monstruo sin reflejo. Cien años sin Bram Stoker (1847-1912) que la Fundación Luis Seoane acoge hasta
el mes de octubre, la institución coruñesa y la Universidad Internacional
Menéndez Pelayo (UIMP) organizan un encuentro de dos días, 26 y 27 de julio, en
el que diferentes especialistas indagarán en profundidad en la figura de Bram
Stoker y en el universo y en las influencias generadas por una de las obras más
célebres de la cultura occidental, Drácula, publicada en 1897, y su posterior
traslado a la cultura popular a lo largo del siglo XX a través de otros soportes
como el cine o el cómic.
Para ello, el comisario de la exposición de la Fundación Luis Seoane y
director de este encuentro, el editor Jesús Egido, ha reunido a especialistas en
la materia y amantes de la novela como el ensayista, poeta, editor y traductor
Luis Alberto de Cuenca, el catedrático de Comunicación Audiovisual José Luis
Castro de Paz, la actriz y escritora Emma Cohen, el escritor, traductor y autor
de la última edición de anotada de Drácula Óscar Palmer, el crítico de cine
Jesús Palacios, la filóloga y crítica literaria Alicia Mariño o el escritor y
especialista en cómics Javier Alcázar Guijo. Todos ellos conformarán un
encuentro pionero en nuestro país gracias al que los asistentes podrán conocer
la creación y desarrollo del mito vampírico a través de la literatura, la
presencia del vampiro en el cine, el proceso de creación de la novela de Stoker
o los vampiros en la literatura española, entre otros temas."
Máis información
Programa do encontro en PDF
Drácula
Cien años sin Bram Stoker
A Coruña, 26 e 27 de xullo de 2012
Fundación Luis Seoane
Universidad Internacional Menéndez Pelayo
lunes, 9 de julio de 2012
I Congreso de Literatura Romántica Española "Ciudad de A Coruña" en imaxes
Foto oficial no Concello de A Coruña coa Vicepresidenta da Diputación e a Concelleira Mariel Padín.
viernes, 20 de abril de 2012
Pero, aínda non liches Drácula?!!
Pois este é o mellor momento para porse ao choio. Hoxe conmemórase o centenario da morte do seu autor, Bram Stoker, un escritor nunca suficientemente recoñecido que escribiu esa obra mestra que é "Drácula", á que o cine fíxolle un fraco favor cara aos potenciais lectores que, normalmente, pensan van atopar unha lectura de segunda categoría.
Eso si, cando por fin se lle dá unha oportunidade, atopámonos cunha
lectura soberbia desde o punto de vista literario e...desde todos os
puntos de vista!.
Hai que dicir que na biblioteca temos varias edicións e unha fan incondicional da novela entre o noso persoal, que estará encantada en aconsellarvos a mellor edición.
Hai que dicir que na biblioteca temos varias edicións e unha fan incondicional da novela entre o noso persoal, que estará encantada en aconsellarvos a mellor edición.
Drácula conta cun dos máis fermosos saúdos de benvida da literatura universal, con el despedimonos:
—Bienvenido a mi casa. Entre libremente. ¡Váyase sin novedad , y deje un poco de la felicidad que trae!
Pois iso, vide á biblioteca e traede moita felicidade!
Ilustración de Lola & Rosanas.
viernes, 23 de marzo de 2012
"Aficiones peligrosas", a primeira novela de Emilia Pardo Bazán
Con
tan só 13 anos, Emilia Pardo Bazán, demostrou a súa madurez narrativa na novela Aficiones peligrosas, unha obra cuxo manuscrito habíase traspapelado entre os
fondos da Fundación Lázaro Galdiano e que se publica agora por primeira
vez completa. Ese manuscrito, no que a autora reflexa a súa concepción
da literatura e o dereito da muller a formarse e a crear, regaloullo en
1898 Pardo Bazán (A Coruña, 1851- Madrid, 1921) a José Lázaro Galdiano,
con quen tivera unha breve relación amorosa que logo frutificou nunha
longa amizade e en proxectos editoriais como a revista A España moderna.
Por aquela época, a escritora mantiña unha relación con Benito Pérez
Galdós, e o seu romance amoroso con Lázaro Galdiano, a quen coñeceu na
Exposición Universal de Barcelona de 1888, foi de dominio público.
Esta novela de Pardo Bazán foi publicada por
entregas co mesmo título no diario El Progreso de Pontevedra, que era o
xeito habitual que tiñan os escritores da época para dar a coñecer as
súas obras. A novela era coñecida parcialmente porque en 1989 Juan
Paredes Núñez editara un volume con algúns dos capítulos aparecidos no
diario galego, do que non se conserva ningunha colección completa. É xa
que logo agora cando ve a luz por primeira vez íntegro o manuscrito, de
76 páxinas, de Aficiones peligrosas, que estaba en poder da Fundación.
Edítao Analecta e leva un estudo preliminar de Araceli Ferreiro
Figueroa.
martes, 14 de febrero de 2012
Encontros co amor!
Ah, o amor...
E os libros!
Aquí algunhas escritoras rrrrománticas actuais, e os seus libros máis destacados.
Un grupo de Face de nome divertido: Eu leo literatura romántica e son intelixente — non o dubidamos!
Foto histórica primeira: II Encontro Yo Leo Romántica Actual : Teresa Cameselle, Lucía de Vicente, Marta Andrés, Megan Maxwell, Mar Carrión, Lydia Leyte Coello, Jezz Burning y Ana R. Vivo.
Foto histórica segunda: Diván romantico, na Coruña, 2011.

martes, 3 de enero de 2012
Libros do 2011
Temos libros do ano!
Mellor que o partido do século ou o empregado do mes, os resultados que todos esperabamos por fin están aquí! O mellor do defunto 2011!
Tras o laborioso reconto, e por estreita marxe, os libros elixidos por a votación dos nosos lectores son:
(redobre de tambor)
Redondela:
Chapela: Los enamoramientos, de Javier Marías / El diario de Greg, de Jeff Kinney.
Mañá, os nomes dos gañadores do sorteo!
_______
Epa! Descubrimos o esquecido no xardín! E era... unha data! Resulta que ese libro foi publicado en 2010, polo que por dous meses a australiana Kate Morton queda descualificada e desposuída do galardón. Procedemos, entón, a entronizar á segunda opción: "La casa de Riverton," de Kate Morton!
Lembramos a todos os nosos pacientes lectores que Kate en español é Catalina... e, si, a señora Catuxa Morton sempre toma o dobre de cuncas de arroz.
______
E, aquí, os gañadores! Ilustrísimo señor don Aarón Pérez, Egrexio señor don Aessa Faleh, Esclarecida señora dona Sonia Fraga e Magno señor don Legese García.
Incluímos foto do primeiro deles en representación de todos.
Nosas máis cordiais felicitacións!
martes, 20 de diciembre de 2011
Trovadores de hoxe
Agora que está preto o Nadal recuperamos esta foto de amizade, realizada xustamente nestas datas, no ano 2008, na casa dun dos membros da União Brasileira de Trovadores e Poetas, do sector de Bahia.
Nela, de dereita a esquerda, atopámonos a Argentino San Román Amoedo, profesor, poeta, escritor trovador e artísta plástico, ao doutor José Siquara da Rocha , á profesora Dorothy Miranda Oliveira de Andrade, ao doutor Samuel Nogueira Filho e ao doutor Joao Bosco Soares dos Santos.
No ano 2007 tivemos o privilexio de desfrutar na Biblioteca da visita de Argentino San Román que donou á mesma a súa obra "A revelaçao do Santo Graal e a mecánica cósmica"
A patir deste primeiro encontro, tivemos a alegría de recibir o agasallo dalgunhas das obras desta comunidade de autores. Grazas a todos e
desde a Biblioteca de Redondela desexámosvos o mellor dos Nadais!
miércoles, 30 de noviembre de 2011
Culturgal celebra a súa cuarta edición do 2 ao 4 de decembro en Pontevedra
As persoas que se acheguen a Pontevedra este fin de semana poderán
escoller entre máis de 24 actuacións musicais en directo, máis de 20
obras de teatro, máis de 30 actividades relacionadas co mundo do libro e
diversas presentacións de proxectos tecnolóxicos dentro da feira das
industrias culturais 'Culturgal', que celebrará a súa cuarta edición
entre o 2 e o 4 de decembro.
A edición deste ano presenta un intenso programa "que conxuga o encontro profesional coa presentación, promoción e venda aberta ao público de produtos e servizos culturais", sinalou o presidente da Asociación Culturgal, Xulio Amigo.
O presidente da Axencia Galega dás Industrias Culturais, Juan Carlos Fernández Fasero, solicitou pola súa banda das empresas "un esforzo para incrementar a representatividade" da cultura galega no produto interior bruto (PIB), cifrada actualmente no 2 por cento. A industria cultural galega "posúe esa capacidade e Culturgal ten que xogar un papel importante para que iso ocorra", animou.
A concelleira de Cultura de Pontevedra, Anxos Ribeiro, explicou que co Pazo dá Cultura como epicentro da feira, este ano Culturgal estende a súa actividade ao resto da cidade a través da programación nocturna que desenvolverá a partir do venres 2 de decembro na Sala Karma, o Teatro Principal, o CITA, a Casa da Luz e as prazas da Verdura e de Abastos, así como o xantar literario que terá lugar o domingo 4 no restaurante Rúas.
A feira preséntase como "o fogar da cultura galega", ofrecendo un percorrido polos seus diferentes espazos a través do que os participantes e visitantes poderán obter a "mellor radiografía" da industria cultural galega.

Aquí toda a programación
miércoles, 27 de abril de 2011
miércoles, 15 de diciembre de 2010
Suscribirse a:
Entradas (Atom)