Mostrando entradas con la etiqueta Teatro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Teatro. Mostrar todas las entradas

jueves, 19 de mayo de 2016

Teatro infantil marabilloso na Biblioteca de Chapela... co IES de Chapela

Teatro infantil co CS de Educación Infantil do IES Chapela
Hoxe os nosos amigos do CS de Educación Infantil do IES Chapela pecharon unha dobre sesión máxica de teatro e diversión para nenos e adultos.

(Ver aquí a primeira sesión, o pasado xoves)
Teatro infantil (2) co CS de Educación Infantil do IES Chapela
Marta e mais Adrián presentan a sesión de hoxe
"Mérida, unha princesa diferente", con pequenos títeres de papel, e "A mosca chosca", con fermosos decorados e escenarios, déronnos para ver que estes estudantes saben facer grandes cousas cando traballan en equipo, e saben transmitir a todo o público asistente o seu cariño e o seu bo facer.
Teatro infantil (2) co CS de Educación Infantil do IES Chapela
"Mérida, unha princesa diferente" o lobiño comeza a narrar a historia
Dende a biblioteca queremos darlles as grazas por, un ano máis, superar as nosas expectativas e deixar o nome da biblioteca e mais a marca do IES Chapela en tan bo lugar.
Teatro infantil (2) co CS de Educación Infantil do IES Chapela
A Mosca Chosca monta unha consultoría no bosque

Grazas por participar con nós!!

Teatro infantil (2) co CS de Educación Infantil do IES Chapela
Rematamos... Todos a bailar!

Velaquí unha pequena nova onde o Atlántico Diario recolle estas actividades

Ata o vindeiro ano!

viernes, 13 de mayo de 2016

Primeira función de teatro infantil na Biblioteca co IES Chapela

Teatro infantil co CS de Educación Infantil do IES Chapela



Este xoves o alumnado do CS de Educación Infantil do IES Chapela encheu de ledicia a nenos e adultos na Biblioteca de Chapela co seu teatro infantil.

A obra teatral "Carapuchiño" rompe co conto tradicional da nena da carapucha vermella, para cambiar os roles de xénero dos seus participantes, e para facernos pasar unha tarde chea de gargalladas e con mensaxe final.

Teatro infantil co CS de Educación Infantil do IES Chapela, 1
Ademáis os asistentes aprenderon a facer comecocos animados de papiroflexia e figuras de globoflexia.


As enquisas reflexaron boa satisfacción por parte dos asistentes e nós quedamos moi contentos. 

Teatro infantil co CS de Educación Infantil do IES Chapela, 1
Moitas grazas a todos estes estudantes por facernos pasar tan bos ratos! Parabéns polo voso traballo!

miércoles, 4 de mayo de 2016

Teatro infantil na biblioteca! Neste Maio o alumnado do IES Chapela interpretará historias e contos para a rapazada



Como ven de ser unha tradición na Biblioteca de Chapela, neste mes de maio non poden faltar as actividades de animación e contos que nos ofrecen sempre os alumnos do CS de Educación Infantil do IES Chapela.

Os xoves 12 e mais 19 de maio, ás 18:30 h. gozaremos de representacións teatrais, un tanto peculiares, para nenos e nenas.

A actividade é con entrada libre, ata completar aforo, e está recomendada para a rapazada a partir de 4 anos.

Agardámosvos o vindeiro xoves!

lunes, 17 de marzo de 2014

Teatro de sombras na biblioteca (1), co alumnado do IES Chapela

Este pasado venres gozamos en Chapela da primeira sesión do teatro de sombras, programado para estes días grazas á colaboración co alumnado do IES CHAPELA (Ciclo Superior de Educación Infantil).
Nun enorme escenario construido polo o alumnado para esta representación pudemos gozar dos contos:
 

 Pedro y el lobo
 A  casa das cacas
 O soño do osiño rosa









E tamén nun máis pequeno, pero igualmente fermoso e moi ben elaborado, asistimos á representación de:

A historia do señor vento












E rematamos cantando unha canción, con divertidos bailes que nos ían dirixindo os nosos contadores. 
Foi un gozo contar con estas actividades para os nosos cativos. Agardámosvos para este venres, 21 de Marzo, con máis contos en teatro de sombras. Lembrade! A actividade será ás 17:30 h.

martes, 11 de marzo de 2014

Teatro de sombras para os máis cativos na Biblioteca de Chapela

Este mes de Marzo o alumnado de Educación Infantil do IES CHAPELA -referímonos, como non, ao Ciclo Superior de Educación Infantil deste centro de ensino- téñennos preparadas unhas fermosas actividades para gozar do teatro e mais dos contos.

Este venres, 14 de Marzo, e mais o vindeiro venres 21 de Marzo, en ambos casos ás 17:30 h., teremos unha serie de representacións de teatro de sombras, con diferentes contos,que poderán gozar os máis cativos:

- Pedro y el lobo
- A casa das cacas
- A historia do señor vento
- O soño do osiño rosa
- A que sabe a lúa
- Os tres porquiños
- Monstruos golosos
- A árbore
 Serán os títulos a representar durante estes dous días.

O espectáculo está indicado para nenos e nenas de ata 6 anos, acompañados dun adulto.

Ademáis haberá representacións especiais de teatro de sombras, con outros contos diferentes, para os centros de ensino de Chapela, as cales se desenvolverán tamén na nosa biblioteca.

Despois das fermosas actividades que temos realizadas na biblioteca grazas á colaboración con este alumnado, seguros estamos de que estas van a ser tamén xeniais.

Agardámosvos na biblioteca de Chapela. A entrada é libre e gratuita, ata completar o aforamento.

lunes, 23 de abril de 2012

Este venres, na Biblioteca de Chapela, TÍTERES!


Xa sabemos que Redondela é unha vila titiriteira e que ten un grande amor por esta forma de teatro animado. Por iso, e para rematar a grande semana adicada ao libro, na Biblioteca de Chapela ofreceremos un espectáculo de títeres.

Títeres Cascanueces, que xa nos namoraron hai uns anos con "O gran Ke-Tumba-Ke-Tamba" volven agora cun novo espectáculo á Biblioteca de Chapela:


Será o Venres 27 de Abril, ás 19:30 h.

Espectáculo para todos os públicos. A entrada é gratuita e libre, ata completar aforamento. 

A actividade será realizada grazas ao cofinanciamento entre a Concellería de Cultura do Concello de Redondela e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, grazas ao programa Letras Vivas.

martes, 25 de octubre de 2011

Teatro.es

O portal de Internet'Teatro.es',  permitirá o acceso a 40.000 fichas de estreas, 180.000 fotografías, 15.000 caricaturas e máis de medio millón de noticias relacionadas coas artes escénicas de preto de 7.000 espazos, compañías, empresas, editoriais ou premios.

Este proxecto, iniciativa do Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música (INAEM), ofrecerá aos usuarios, a través do Centro de Documentación Teatral (CDT), diversos produtos e recursos co obxectivo de converterse nunha web de referencia dentro deste ámbito.
Destacan  os proxectos divulgativos, como 'Teatro para ti', unha serie dirixida aos estudantes de secundaria sobre as obras fundamentais do teatro español; ou 'Teatro sen barreiras', que dará acceso ás nosas gravacións a persoas con dificultades auditivas ou de visión e as nosas canles temáticas sobre aspectos concretos da actividade teatral.

O xestor documental deste portal permitirá acceder, así mesmo, a unha ampla galería de vídeos e audios en streaming, moitos deles obras completas, así como dunha ampla selección fotográfica, dentro do banco de imaxes e son. En total, o Centro de Documentación conta na súa biblioteca con 17.000 libros, 600 coleccións de revistas e 5.000 dvd con gravacións completas de obras de teatro.

'Teatro.es' dará tamén a oportunidade de recuperar moitas das publicacións esgotadas do CDT, pero tamén inéditas, que se ofrecerán en pdf, como páxinas sobre o teatro español do século XX que estarán ao alcance de todos os usuarios. Tamén, a colección fonográfica 'El Eco de las Voces', ou a de caricaturas 'Retratos en blanco y negro'.

O portal permitirá o acceso ás dúas revistas do CDT: unha de información e análise da realidade teatral española, a 'Revista Digital de la Escena'; e outra de estudos e investigación para o ámbito universitario, 'Don Galán'.

viernes, 17 de diciembre de 2010

Obra de teatro infantil no Multiusos de Chapela


A coñecida compañía teatral A Loca Motora estará no Multiusos de Chapela o vindeiro Martes 21 de Decembro, ás 18:00 h. para representar a súa divertidísima obra Carlota e Marieta dan a volta ao planeta.

A actividade forma parte da programación do Nadal Cultural que está a desenvolver este ano a Concellería de Cultura.

lunes, 11 de octubre de 2010

Un Chat teatral


Chat Literario permíteche ler unha obra de teatro coma se estiveses a participar dun Chat. Revisa as obras que hai e fai clik na que che interese ler. A aplicación despregarase e poderás gozar da lectura. Aquí