martes 6 de marzo de 2012

O 85 aniversario de Gabriel García Márquez leva a "Cien años de soledad" ao ciberespazo

Hoxe conmemórase o 85 aniversario dun dos escritores máis senlleiros de todas as letras hispanoamericanas.


Para celebrar tan boa nova, nada mellor que ser condecorado coa Orde de Honor rusa, outorgada polo presidente ruso Dimitri Medvédev.

... E tamén ver unha das obras literarias máis emblemáticas das letras hispanas, "Cien años de soledad", por primeira vez en edición electrónica.

Parabéns, amigo Gabo!

Moitas fadas


  Nin un nin dous, 500 contos apareceron! E, non, non son chineses senón alemáns.

  E é que non só de Grimms vive o folclore, contemporáneo con eles, maese Franz Xaver von Schönwerth dedicouse tamén a recompilar contos populares por todo o Alto Palatinado. Durante décadas percorreu infatigable a comarca, recollendo historias, mitos e anécdotas dos habitantes do lugar.



  Agora, un estudioso descubriu novos documentos que achegan luz sobre un autor que se diluíu no tempo.

  A principal virtude de Schonwerth é, precisamente, renunciar a deixar o seu sinal literario, e cinguirse ás fontes orais.

  Como en moitos dos contos dos irmáns Grimm —quen chegaron a ter en gran estima o labor de Franz Xaver—, as historias son crúas e bastante afastadas das versións edulcoradas que, en ocasións, asociamos aos contos de fadas.

  Para os que se animen a ler en inglés, aquí un cuenteciño de agasallo.

Coidado... vou armada!!!

Fonte Queens Library

lunes 5 de marzo de 2012

Pósters

 
 
 
 
 
 
 
 
Autores: Alice and Martin Provensen, William Pene du Bois, William Pene du Bois, Jon O. Brubaker, F. Hasse, Leonard Weisgard, Maurice Sendak, Paul Rand, Bruno Munari, Ezra Jack Keats, Tomi Ungerer, Emily Arnold McCully.
Fonte: Where the lovely things are