Mostrando entradas con la etiqueta Libros. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Libros. Mostrar todas las entradas

viernes, 15 de enero de 2021

Banda deseñada e suspense entre os favoritos d@s usuari@s das bibliotecas no 2020


 
As Bibliotecas Municipais de Redondela, acudindo aos datos estatísticos proporcionados polo seu programa de xestión, fixeron pública a relación de obras máis prestadas durante o 2020, o ano do confinamento.
 
As que tiveron o privilexio de ser as  máis reclamadas polos lectores das bibliotecas públicas do municipio  foron as seguintes:
 
Na Biblioteca P.M. Valle-Inclán de Redondela, ocupou  o primeiro  lugar nas preferencias dos lectores maiores de 14 anos o manga “The  promised Neverland” seguido da novela de suspense “Mujeres que no perdonan” de Camilla Läckberg
Na Biblioteca P.M. Xela Arias de Chapela (Redondela) foi  La retornada” de Donatella Di Pietrantonio a que se impuxo, seguida de  “Terra Alta” de Javier Cercas e Premio Planeta 2019.
 
As exitosas “Reina Roja” e “Loba negra” de Juan Gómez-Jurado tamén se atopan entre as máis requeridas polos lectores de ambas bibliotecas.
 
 
Os menores de 14 anos tamén se decantaron pola banda deseñada tanto na biblioteca de Redondela , cos manga “Naruto” eShaman King” á cabeza , como na de  Chapela  con “Dad” do francés Nob e “Sonríe” de Raina Telgemeier
 
En lingua galega os libros máis solicitados polos lectores foron “O último barco” de Domingo Villar,  “Beleza Vermella” de Arantza Portabales e  “Un lume azul” de Pedro Feijoo.

miércoles, 6 de enero de 2021

Feliz día dos Reis Magos... con sorpresas!

 

As SS. MM. os Reis Magos de Oriente veñen de deixarnos un fermoso agasallo nas bibliotecas de Redondela, en forma de novidades literarias para o noso público máis pequecho.

De madrugada deixáronse fotografar xunto a árbore de Nadal da Biblioteca Xela Arias, onde nos deixaron tan magníficos presentes.

Moitas grazas pola vosa visita!

 

Velaquí as novidades destes días para os cativos e cativas.

martes, 25 de agosto de 2020

Fundación Filomena Rivero Alonso, doazón

👉Mirade o que se vai a incorporar nos próximos días ao fondo infantil e xuvenil das bibliotecas🤩🤩🤩 
 
    
 
 🔸Grazas á doazón da Fundación Filomena Rivero Alonso, completáronse as colección de Billie B. Brown e de Erik Vogler; a primeira está a ter moitísimo éxito entre @s nos@s usuari@s infantís e a segunda é unha saga chea de personalidade e misterio cun protagonista inesquecible. 
 

🔸Así mesmo, esta doazón permitiunos renovar toda a colección de Harry Potter que estaba moi deslustrada polo uso e incorporar a última entrega do magnífico manga "El atelier de sombreros de mago"
 
  MOITÍSIMAS GRAZAS A FUNDACIÓN FILOMENA RIVERO ALONSO!!!👏👏👏
 

viernes, 10 de enero de 2020

Os máis prestados das nosas bibliotecas en 2019

O ano 2019 rematou e as bibliotecas recibimos a moitos lectores, fixemos moitas actividades, e tamén prestamos moitos libros, películas e mais outros documentos. Queredes saber cales son os que máis levaron a casa os nosos usuarios?

  • LIBROS MÁIS PRESTADOS PARA ADULTOS:
 
Os libros para adultos máis prestados
na Biblioteca Valle-Inclán de Redondela
Os libros para adultos máis prestados
na Biblioteca Xela Arias de Chapela


  • LIBROS MÁIS PRESTADOS PARA PÚBLICO INFANTIL: 

Os libros máis prestados para público infantil
na Biblioteca Valle-Inclán de Redondela

Os libros máis prestados para público infantil
na Biblioteca Xela Arias de Chapela

  • OS AUDIOVISUAIS MÁIS PRESTADOS: 

Os audiovisuais máis prestados
na Biblioteca Valle-Inclán de Redondela




Os audiovisuais máis prestados
na Biblioteca Xela Arias de Chapela


 

jueves, 15 de septiembre de 2016

Escenifica en Instagram

Fotografías presentadas ao concurso "Escenifica a túa lectura de verán" a través da plataforma de Instagram
albamatilde
estela.david103


Una foto publicada por Miguel Ángel Alonso Diz (@forxadordeversos) el

Escenifica en Facebook

Fotografías presentadas ao concurso "Escenifica a túa lectura de verán" a través da plataforma de Facebook
"El Chojin e as súas cousas"
Fanny González Álvarez
"Calculando percorrido cara ao sur. Imos! #lecturaveran"
Melina López
"Cómaros de mel e rosas con López Foxo, para unha tarde no xardín"
Melina López
"Leyendo el caso del gatito imprudente, que tira accidentalmente una lámpara y hace comenzar la acción"
Melina López

"Tarde de lectura no Lago DI Como"
Mrta Bouzón Couñago

Toñi Rubio Veloso

"El Túnel"
Gustavo Barciela Balado

Fago a miña participación con dúas obras dunha mesma autora (e amiga) María Alonso: "Terras estrañas" (todavía non publicada) e "Despois do Cataclismo".
Din que "quen ten unha amiga ten un tesouro" pero, si ademais esta é escritora, ten tamén lecturas pendentes de verán. Un saúdo!
 
Ángela Covelo Soto




Ángela Covelo Soto

lunes, 21 de septiembre de 2015

Algunhas das nosas recomendacións literarias deste pasado verán

Neste verán que xa remata, lles propuxemos aos nosos lectores que nos suxeriran libros e lecturas para gozar baixo o sol e o bo tempo. As propostas recollémolas no Instagram das bibliotecas municipais , co hashtag #recomendaciónsveran; así como nas bibliotecas de Redondela e mais de Chapela, en cadanseu taboleiro.

Velaquí podedes ver algúns dos libros propostos:


Graciñas por ofrecernos as vosas propostas!

domingo, 28 de junio de 2015

#recomendacionsveran

Con motivo do comezo da época estival pedimos a todos os amantes da lectura que compartades o título dun libro que recomendariades ler neste verán co fin de servir como orientación a outros lectores que busquen unha boa obra para ler.

Podedes facelo a través das notas dispostas para tal efecto nos taboleiros  da biblioteca municipal e da axencia de lectura de Chapela e en Instagram co hastag
#recomendacionsveran

 

viernes, 16 de enero de 2015

E os gañadores son...!!!

Todos temos un libro favorito e gústanos saber cal é o dos nosos lectores. Por iso, cada ano promovemos nas nosas bibliotecas a Elección do Libro do Ano, daquela obra editada no ano que finaliza e que os nosos lectores distinguen como a súa preferida.




Os libros que máis gustaron entre os participantes foron os seguintes:
  • Infantil:   A serie "Diario de Greg" na Axencia Municipal de Lectura de Chapela e, un empate! na Biblioteca de Redondela entre o conto inspirado na curtametraxe "Cuerdas" e a serie de banda deseñada "Parvaterra". Por certo, por aquí que somos moi afeccionados aos cómics estamos encantados de que por segundo ano consecutivo a banda deseñada estea presente entre os gustos de nosos máis novos lectores

Gañadores no sorteo (que levan o libro máis votado na biblioteca na que participaron):
  •  Adultos: Xurxo Ojea Docampo e Rocio Gallego Domínguez
  •  Infantil/Xuvenil: Iago García Araújo e David Villar Piñeiro
Noraboa aos premiados, e grazas a todos por participar!

- A nova en "Cousas de Redondela"
- A nova en Radio Redondela.

viernes, 29 de agosto de 2014

Sen libros non podo saír da casa

"Sin libros no puedo salir de casa"  (Guillermo Urbizu)

 (ilustración de Quint Buchholz)

"Imposible. Yo sin libros no salgo a la calle ni voy a ningún sitio. Y que me pase algo y no pueda llevarme a los ojos ni una mísera línea. Que no. Imaginemos, no sé, una larga espera en cualquier esquina de mi paseo, o que de golpe encuentre un buen banco donde sentarme. Siempre puede aparecer ese instante ideal, ese rincón de sol y zumo de frambuesa, con un sonido de agua que mana, y esos colores tan sexys que están entre las páginas. Tengo que ir bien provisto de libros. Un ensayo y una novela y un volumen de versos. Puede abrirse un socavón enorme de tiempo que no me deje seguir adelante, o que me encuentre mal en medio de la tarde. Y los libros son siempre mi primer auxilio, esa bocanada de aire o de alma. Esa paz, ese norte, esa compañía. ¿Quién sabe? No puedo salir de casa sin ellos. En cualquier momento podemos necesitarnos. Y entro en un bar y sobre la mesa monto mi escritorio para sentirme de nuevo en casa. Los libros, la agenda, la pluma, las gafas... Y esa idea que llega con aroma de café y lavanda."

jueves, 17 de julio de 2014

Recomendacións lectoras na árbore conteira de Chapela

Durante a segunda metade do mes de xuño e a principios deste mes propuxemos na biblioteca de Chapela que os usuarios recomendaran libros, e que deixaran esas recomendacións na Árbore conteira, agasallo que nos fixeron os nosos amigos do C.S. de Educación Infantil do IES Chapela.
Recollendo as recomendacións da Árbore conteira
Recibimos 14 recomendacións lectoras (e non recomendacións), de persoas de todas as idades.  
As recomendacións lectoras
Delas tomamos nota aquí (por orde de idade):
INFANTIL
A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza
- La Navidad de Mickey
- Conta con Mifi
- A Biblia para nenos
Os gnomos
- Tea Stilton: El código del dragón
- Santiago García-Clairac: El libro invisible
- Junie B. Jones y el pastel peligroso

 XUVENIL
- El monstruoso libro de los monstruos
- Blue Jeans: Canciones para Paula
- Anxo Fariña: Os Megatoxos e a cara oculta da lúa
- Sara Manning: Rarita y adorable
- Antoine de Saint-Exupery: O Principiño

ADULTOS
- Santiago Posteguillo: Escipión, el hijo del africano
- Richard Bach: Juan Salvador Gaviota
- Miguel Delibes: Un mundo que agoniza
- Paco Roca: Arrugas
Dous dos nosos participantes: Enrique e Xiana, recollendo o seu premio
Todos os participantes están a recibir un agasallo da biblioteca. Agradecémoslles de corazón que nos fixeran as súas recomendacións.
Grazas amigos!


lunes, 16 de junio de 2014

Árbore conteira: fai as túas recomendacións lectoras na Biblioteca de Chapela

Aproveitando esta fermosa árbore conteira coa que nos agasallaron os alumnos do C.S. de Educación Infantil do IES Chapela, e agora que xa están rematan as obrigas escolares, dende a Biblioteca de Chapela queremos propoñervos que nos acheguedes ás vosas suxerencias lectoras, e as deixedes dentro da árbore.
 
Árbore conteira da biblioteca
Se trata de que describades os vosos libros favoritos, nunha ficha que poderedes descargar ou recoller na biblioteca. Despois de cubrilas, atádeas, e as deixades dentro da árbore conteira.

Podédelas descargar de aquí:


Tedes de prazo ata o Venres 4 de Xullo (inclusive), tempo no que manteremos o noso horario de tarde. 

As mellores descripcións, as máis orixinais, as máis divertidas, as máis interesantes... terán premio!

Podedes participar os lectores de calquera idade, o importante é que vos apeteza recomendar un libro.

Na semana do 7 de Xullo (xa estaremos en horario de mañá) elexiremos aos premiados. 

Animádesvos a participar con nós?

jueves, 22 de mayo de 2014

O gardián dos contos


Non, non é que nos fosemos a traballar a outra biblioteca. Simplemente quedamos un anaco substituíndo ao bibliotecario Matías,  mentres atendía aos nenos que asistiron ás representacións de "El guardian de los cuentos" que se puideron ver esta mañá dentro do  Festival Internacional de Títeres de Redondela.

"Es el último día de la vieja biblioteca. Suena la puerta y entra Matías, el bibliotecario. Varios libros caen al suelo, y de repente un hada comienza a revolotear entre las estanterías. Matías le pregunta de dónde ha salido. Pero los personajes de los libros pierden la memoria cuando salen de sus cuentos.
¿Será Caperucita Roja? ¿O James y las habichuelas mágicas? Quizá sea  la historia del genio de la lámpara… El bibliotecario irá abriendo muchos de nuestros cuentos favoritos y recorriendo sus aventuras hasta descubrir quién es esa misteriosa hada."

Unha obra imprescindible e máis se se é bibliotecario.


lunes, 18 de noviembre de 2013

Evelina

Entrou na biblioteca unha novela que  merece  un post.
 Trátase de Evelina da británica Frances Burney, unha novela epistolar do século XVIII nunha edición belamente ilustrada. A editorial dÉpoca, especializada no rescate de clásicos da literatura universal, deposita nas mans do amante dos bos libros un deses volumes que se acarician e mesmo se ulen: unha coidada edición ilustrada por Hugh Thomson 
Esta novela foi determinante na produción de Jane Austen que se inspirou na autora para explorar as cuestións sociais na súa obra.

Máis información:
¿A quien admiraba Jane Austen?
Pluma, espada y varita
A book a day Paris
Carmen y amigos




viernes, 16 de agosto de 2013

Leviathan


Outra historia que está impactando entre o público xuvenil (e non tan xuvenil) da biblioteca é a que nos conta a triloxía de Leviathan.
En palabras dun gran lector de 14 anos : "do mellor que lin últimamente"
Por certo, tanto a cuberta como as ilustracións interiores de Keith Thompson son sensacionais e moi belas.
A verdade é que se agradece, e moito, a orixinalidade da obra.
"Nos encontramos en la cúspide de la Primera Guerra Mundial y todas las potencias europeas se están armando. Los austrohúngaros y alemanes tienen sus clánkers, unas máquinas de acero con motores de vapor cargados de armas y municiones. Los darwinistas británicos emplean animales fabricados como armas de guerra. Su Leviathan es un dirigible ballena, la bestia más poderosa de la flota británica.

Aleksandar Ferdinand, príncipe del Imperio austrohúngaro ha huido. Su propia gente se ha vuelto contra él. Su título no tiene ya ningún valor y solo cuenta con un Caminante de Asalto desgastado por la batalla y con su leal tripulación.
Deryn Sharp es una plebeya, una chica disfrazada de chico que se ha alistado en las Fuerzas Aéreas británicas. La muchacha es un destacado aviador, pero su secreto se encuentra en peligro constante de ser descubierto."
Cuando la Gran Guerra es ya inminente, los caminos de Alek y Deryn se cruzan de la forma más inesperada llevándolos a ambos a bordo del Leviathan donde darán la vuelta al mundo y vivirán una fantástica aventura que cambiará sus vidas para siempre."