SM lanza un material que desenvolve o currículo completo de Coñecemento do Medio de 5º de Primaria, para Aragón, Madrid e Andalucía, e Ciencias Sociais e Ciencias Naturais para 1º da ESO, en Cataluña. Esta oferta ampliarase progresivamente ata completar todos os materiais que compoñen o catálogo de libros de texto de SM para educación Infantil, Primaria e Secundaria. O proxecto libro de texto dixital de SM e o ámbito virtual que o acompaña apoia o Plan Escola 2.0 anunciado polo Goberno, pero non é algo novo para a editorial, que leva máis dunha década investigando o impacto do ordenador, dos contidos dixitais e o uso de recursos baseados en Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) nos procesos de ensino e aprendizaxe, desenvolvendo materiais dixitais que dialogan cos libros de texto e acompañando ao profesorado nesta travesía cara á escola do futuro.
Hai nove anos, SM puxo en marcha http://www.librosvivos.net/, unha iniciativa moi exitosa que ofrece extensións dos libros de texto na rede, con contidos interactivos curriculares ligados ao libro do alumno. Así mesmo en 2007, lanzouse Recursos en Rede como un espazo virtual de traballo para o profesor.
O libro de texto online pode empregarse tanto en ordenador coma en lousa dixital e a súa diferenza co libro de texto tradicional radica, ademais do soporte no que se presenta, en que incorpora unha ampla variedade de elementos interactivos e recursos multimedia para facilitar a aprendizaxe, reforzar e ampliar contidos e motivar os alumnos.

Máis información aquí
No hay comentarios:
Publicar un comentario