Este mércores recibimos unha visita moi especial no club de lectura. O escritor Jaureguizar, autor da novela que estamos a ler este mes: O globo de Shakespeare, compartiu connosco unha velada moi agradable.
Durante a sesión, Jaureguizar nos falou primeiro da súa xeria como escritor e o proceso creativo que implican as súas obras narrativas, para pasar despois a revelarnos cómo concebiu esta novela.
A obra, que xira en torno ao teatro e ten, como tema de fondo, a trascendencia literaria de Shakespeare, posúe un carácter ás veces extremo e desconcertante. Con Jaureguizar puidemos debater aqueles aspectos que nos resultaron máis "chocantes" e tamén sobre aqueles personaxes que nos gustaron ou nos chamaron máis a atención, ou aqueles que máis rexeitamos. O ambiente da conversa foi en todo momento moi cercano e distendido, e Jaureguizar aceptou con moito sentido do humor as críticas e as louvanzas que lle fixeron os membros do noso club.
A visita do escritor púidose realizar grazas ao programa Letras Vivas da Consellería de Cultura, que axuda ás bibliotecas a poder contar coa presenza de creadores literarios nos seus espazos: un xeito de achegar o labor da escrita a tódolos públicos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario