O Ministerio de Cultura, en colaboración coa Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e a Fundación Coca-Cola Juan Manuel Sáinz de Vicuña, concedeu os premios María Moliner de animación á lectura 2009.
Entre os Proxectos premiados nesta XII Campaña atópase a actividade desenvolvida pola Biblioteca Municipal e a Axencia de Lectura de Chapela en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística e a Concelleria de Cultura "A Semana do Libro: a Festa da Palabra"
A Biblioteca Municipal e a Axencia de Lectura saíron á rúa durante a semana na que se enmarcou o Día do Libro, no mes de abril, para que os redondelanos tomasen contacto tanto con el coma cos servizos das bibliotecas.

Un expositor con libros e revistas nas diferentes linguas oficiais da Península (galego, castelán, portugués, euskera e catalán), estiveron instalados na Alameda de Chapela e mais nos soportais da Casa do Concello de Redondela, así como nos respectivos edificios Multiusos.
Houbo un gran interese da veciñanza que se achegou aos expositores. O feito de levar os libros a espazos pouco comúns, alleos aos propios recintos, fixo medrar o interese, sobre todo naquelas persoas que habitualmente non se achegan ás salas da biblioteca, e entre os máis pequenos, que interromperon os seus xogos na rúa para ollar de primeira man os libros.
O éxito da iniciativa fixo pensar en sucesivas edicións desta mostra.
O éxito da iniciativa fixo pensar en sucesivas edicións desta mostra.
A Campaña de animación á lectura María Moliner se dirixe a municipios de menos de 50.000 habitantes e é, dende 1998, un concurso dirixido ás localidades destas características para premiar os mellores proxectos, ou actividades desenvolvidas, para promover a lectura de nenos e novos. As bibliotecas premiadas reciben lotes bibliográficos compostos por 200 libros infantís e xuvenís e dende 2002, os tres mellores proxectos reciben, ademais, premios en metálico.
Este programa presenta unha grande importancia estratéxica, xa que aproximadamente a metade da poboación española reside en municipios de menos de 50.000 habitantes, co cal esta iniciativa presenta un grande impacto no territorio. Nas últimas edicións a resposta dos municipios foi moi positiva, presentándose ata a data máis de 7.550 proxectos por máis de 2.000 municipios.

No hay comentarios:
Publicar un comentario