lunes, 16 de noviembre de 2009

Uns premios de ¡meeeeedoooo!

O mércores 18 terá lugar no Multiusos de Chapela a entrega de premios do concurso de relatos de terror: "Un conto de medo con Edgar Allan Poe"convocado polas bibliotecas de Redondela como conmemoración do Bicentenario de Edgar Allan Poe e a celebración do Día da Biblioteca.
O concurso estaba dirixido aos grupos de 6º curso de primaria dos colexios de Redondela que podian participar con un ou varios relatos inspirados na atmosfera, personaxes ou historias do escritor.
O xurado estivo formado polos compoñentes do blog "Historias para non durmir"
A entrega de premios terá lugar ás 11 da mañá e acompañarase da actuación do contacontos Mario Tomás que narrará as historias gañadoras así como outros relatos de terror.
Os premios serán entregados polo concelleiro de Cultura Eduardo Reguera.
Publicar un comentario