jueves, 11 de marzo de 2010

Cincuenta e dous nenos do CEP de Redondela fan o Camiño de Santiago

Julio, un peregrino do grupo de animación Eduvía (vías para a educación) achegouse desde Lalín para contar aos nenos do Santa Mariña historias e lendas do Camiño de Santiago.
Non só personaxes históricos como o apóstolo Santiago e os seus discípulos ou a raíña Lupa apareceron nas narracións senón tamén personaxes lendarios como o cabaleiro Roldán e o xigante Ferragutt protagonistas dunha das lendas máis estendidas no Camiño.
Esta actividade que foi organizada pola Biblioteca Municipal enmárcase no Programa de Letras Vivas que de xeito anual organiza a Xunta de Galicia en colaboración cos distintos Concellos.
Publicar un comentario