
Dada a actitude crítica deste escritor co militarismo e coa escalada de violencia, algunhas das súas obras chegaron a ser prohibidas e queimadas públicamente polos nazis. "La conferencia de los animales" foi publicada a pouco de rematar a 2ª Guerra Mundial, en 1949, nun contexto de recuperación despois da contenda, pero tamén de crecente tensión e enfrontamento entre os dous bloques que quedaron distanciados polo chamado telón de aceiro. O argumento non pode aludir máis directamente a estes feitos: despois de dúas guerras mundiais e varias e infrutuosas conferencias de paz entre os gobernantes do mundo, os animais, capitaneados polo león Alois, deciden facer a súa propia conferencia e establecer eles os acordos necesarios para establecer a paz e a cordura.


Como algúns dos nosos rapaces non coñecían estes feitos da historia recente, a primeira parte da sesión discorreu como unha explicación e contextualización destes feitos históricos, así como comentarios relacionados coas situacións plantexadas no libro.
As seguintes partes da sesión foron máis lúdicas: o xogo da guerra, feita con globos, e tamén o xogo dos animais. Os participantes do club, divididos en dous grupos, tiñan que competir entre eles para representar o movemento dun cempés. Dese xeito, cada un dos grupos tiña que alcanzar o acordo e a compenetración precisas para levalo a cabo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario