viernes, 30 de julio de 2010

Cea de verán co Club de Lectura de adultos



E ste xoves xuntámonos algúns dos membros do Club de Lectura de Adultos da Biblioteca de Chapela para despedir as actividades do curso cunha cea.

O evento celebrámolo no Mesón Coto da Águia, en Trasmañó, onde disfrutamos dunhas vistas magníficas da Ría de Vigo mentres tomabamos unhas riquísimas tapas e falabamos da nosa experiencia no club.

Rematada a cea, Alexia nos leu un libro infantil moi orixinal sobre Don Quixote e Sancho.
Publicar un comentario