viernes, 23 de julio de 2010

O Club Infantil de Lectura de Chapela xúntase para facer un tramo do Camiño de Santiago

P
ara festexar que o 2010 é Ano Xacobeo e tamén que foi declarado Ano do Libro e a Lectura pola Xunta de Galicia, o club infantil de lectura da biblioteca de Chapela xuntouse para facer un traxecto da ruta portuguesa do Camiño de Santiago.


Dende Redondela ata Cesantes, os rapaces e rapazas do club, algúns dos seus familiares que se animaron a participar e, por suposto, o persoal da biblioteca, percorremos xuntos un breve tramo do camiño.


Na área recreativa do Loureiro nos quedamos para facer xogos. Despois subimos ao Outeiro das Penas.



Foi unha actividade coa que nos divertimos todos moito. Agredecémoslle aos Grumir de Redondela a súa axuda, asistíndonos para poder cruzar a carretera N-550. Tamén a Roberto e a Vigovídeo, novamente, por camiñar connosco e inmortalizar en vídeo a nosa actividade.


Podes ver aquí o vídeo da camiñata.

No hay comentarios: