Urueña, en Valladolid, converteuse na primeira Vila do Libro en España. Trátase dun pobo de apenas 200 habitantes que conta con dez librarías. Nelas, o viaxeiro lector terá a posibilidade de adquirir xoias difíciles de atopar ou exemplares descatalogados. A este feito súmase o atractivo de que as librarías se sitúan no interior de casaróns e palacios, no recinto amurallado mellor conservado de toda a provincia de Valladolid.
Urueña axunta literatura e patrimonio histórico e cultural para favorecer o turismo, e segue o exemplo doutras vilas do libro europeas, como Hay-on-way en Gales, Montolieu en Francia ou Bredevoort en Holanda.
Ademais de libros poderemos atopar todo tipo de obxectos relacionados coa arte da escritura: mapas, gravados, papel artesán ou útiles de escritura que só pode atopase xa en lugares moi específicos. Ademais, creouse o e-LEA, un espazo dedicado á lectura e escritura que conta con biblioteca, mediateca e unha exposición permanente sobre a historia do libro.
martes, 10 de agosto de 2010
Un paseo por Ureña: a vila do libro
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario