Unanimidade na reunión do Club de Lectura de Adultos deste pasado venres en Redondela. Paradero desconocido, unha breve novela epistolar de gran contido, embelesou. Agardamos agora expectantes aos comentarios dos nosos compañeiros do Club de Lectura de Chapela que a lerán este mes.
Ao mesmo tempo, ámbolos dous grupos participan na resolución dun enigma altamente perigoso (obsérvese a fotografía, co sobre que garda o misterio, lacrado e a arma protexendo a súa integridade) para unirse á celebración do 120 cumpreanos de Agatha Christie. Sorte a todos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario