martes, 21 de septiembre de 2010

Mulleres galegas na emigración


Hoxe tivemos unha charla da escritora Elba Torres Rondón, na que nos falou de algunhas mulleres galegas que se destacaron polo mundo ao longo da historia.

Galegas ilustres ou curiosas como a monxa Exeria, peregrina a Terra Santa que nos deixou a primeira crónica de viaxes no século IV; Sofía Casanova, escritora e corresponsal de guerra en Polonia na I e na II Guerra Mundial; María Muñoz, divulgadora da música coral en Cuba; Haydeé Santamaría, fundadora dunha institución insigne para intelectuais e artistas que é a Casa das Américas en Cuba, ou a bailarina e actriz Agustina Otero Iglesias, popularmente coñecida como A Bela Otero, acompañáronnos esta tarde en imaxes fotográficas, anécdotas e referencias contadas pola autora da conferencia.

Ao rematar a charla, a escritora agasallou aos presentes con exemplares dos seus libros.

No hay comentarios: