lunes, 11 de octubre de 2010

Fernando Lalana o Cervantes Chico 2010

"O xurado valorou a súa ampla e esmerada produción literaria; igualmente, contemplou entre os seus méritos o tratarse dunha obra variada, dirixida a un amplo espectro de reais e potenciais lectores entre o seu público, así como o seu permanente compromiso coa comunidade educativa e coa promoción da lectura."
O premio será entregado por dona Letizia Ortiz, princesa de Asturias, o próximo día 19 de outubro, en Alcalá de Henares, localidade natal de Miguel de Cervantes e cuxo concello convoca e patrocina o galardón.
Neste premio que recoñece o labor de escritores de literatura infantil e xuvenil, participan os alumnos dos centros educativos da cidade.
Antes da entrega do galardón, máis de douscentos alumnos dos centros educativos da cidade recibirán de mans da Princesa un diploma por destacar en valores como a solidariedade ou o compañeirismo. O Premio Cervantes Chico está organizado polo Concello en colaboración coa Asociación de Libreiros desde o ano 1992. Entre os distinguidos figuran Pilar Mateos, Juan Muñoz, Martín Casariego, Elvira Lindo, Santiago García-Clairac, Marinella Terzi, Ricardo Gómez, Montserrat do Amo, Gloria Fortes, Concha López, Joan Manuel Gisbert, María Menéndez-Ponche ou Alfredo Gómez Cerdá.
Web de Fernando Lalana

No hay comentarios: