lunes, 4 de octubre de 2010

Nova tempada co Club Infantil de Lectura de Chapela


O pasado xoves fixemos a primeira xuntanza do club tralo verán, onde nos reencontramos os vellos coñecidos con moitas moitas ganas de pasalo ben.

Desta vez non nos xuntabamos para comentar ningún libro, senón que a reunión a adicamos a facer varias actividades, entre as que, como non!, estaba a proposta da primeira lectura da temporada, coa que traballaremos o vindeiro 21 de Outubro.

Como a lingua e é un xeito de comunicación, quixemos amosarlles aos rapaces e rapazas algúns medios de comunicación menos coñecidos por eles, porque... quen de nós empregou algunha vez o telégrafo?

Leo amosounos como funciona o código morse, no que se basa o telégrafo, e como se orixinou. Fixemos unha práctica de converternos todos en postes de telégrafo unidos entre nós polos fíos (brazos) cos que comunicarnos. E aprendemos a facer o sinal de socorro "S.O.S" a través de código morse

(Lembrade! Éste é o sinal de S.O.S: ...---...).

Na segunda parte da xuntanza, elaboramos todos xuntos unha pequena historia sobre un dragón. Como é unha historia moi fermosa e simpática, transcríbovola aquí:

N un país moi moi lonxano había un castelo onde vivía unha familia que tiña tres fillos e unha nena, e non nos imos esquecer de que existía tamén un dragón que se chamaba Elliot. A Elliot lle gustaba morder as columnas do castelo, e por iso o castelo se derrumbaba cada dous por tres, de xeito que decidiron que tiñan que buscar un remedio, mais non se lles ocorría nada de nada... Un día chegou un vello sabio e lles dixo que o remedio podía ser alonxar ao dragón do castelo e deixalo nunha montaña lonxana. Levárono alí e deixaron que fose comendo a montaña, e o dragón rillou e rillou tanto que se lle desgastaron os dentes. Dese xeito pudo voltar ao castelo, e dese xeito, tamén, se formou o Grande Cañón do Colorado".



Os rapaces e rapazas do club están tamén convidados a escribirnos as súas impresións sobre o club de lectura, os libros e as actividades que lemos. Na vindeira sesión, cando nolas entreguen, un agasallo, ofrecido por Xacobeo 2010, estaralles agardando.
Publicar un comentario