Para celebrar o seu día, a Biblioteca Muncipal programou un curso de manga.
Marisa Irimia, prestixiosa ilustradora galega, deleitou a un nutrido grupo de mozos.
Nunha áxil pero enxundiosa introdución, encadrou o mundo do manga e descubriu diversos segredos do cómic xapones.
Fíxose un percorrido polos distintos tipos de manga que existen, analizando o uso dos diversos tipos de recursos gráficos; como o emprego de bocadillos, onomatopeias, grafías das letras e o seu tamaño, e o tipo de viñeta. Ademais, os rapaces descubriron a importancia do ritmo e como a secuenciación marca a diferenza co cómic occidental. Remarcouse tamén a interrelación entre o manga e o cinema a través dos diversos planos empregados e a localización de liñas cinéticas.
Na segunda parte, de carácter práctico, a infatigable Marisa orientou sobre algúns dos puntos tratados na presentación, cun estudo de personaxes no que se puxo especial fincapé no deseño de puntos de fuga.
Os mozos, lapis en ristre, aplicáronse no deseño de personaxes dinámicos... sen dúbida hai canteira de futuros mangakas!

Aquí algúns exemplos
A profeAs mosqueteiras do lapis
No hay comentarios:
Publicar un comentario