viernes, 29 de octubre de 2010

Un día con Picasso: obradoiro de achegamento á arte na Biblioteca de Chapela


O vindeiro Xoves 11 de Novembro, ás 18:30 h., teremos un obradoiro de achegamento á arte da Vangarda, para rapaces e rapazas de entre 6 e 12 anos.

O grupo de animación CREARTE será o encargado de achegarnos á obra do xenio do século XX e de ensinarnos como facer os nosos retratos cubistas.

Para participar é preciso que vos inscribades na biblioteca. Podedes facelo presencialmente ou a través do teléfono ou do correo electrónico.

O día da actividade teredes que traer:

- Unha fotografía da vosa cara, en tamaño folio ou cuartilla; ou unha fotocopia en branco e negro.
- Lápices e cores que queirades empregar.

Animádevos a participar! Sabemos que en Chapela hai unha boa canteira de futuros artistas...

Este obradoiro é resultado do programa Letras Vivas, de cofinanciamento entre o Concello de Redondela e a Consellería de Cultura.
Publicar un comentario