Este pasado venres, profesores e bibliotecarios de Redondela interesados polo mundo do cómic, démonos cita no Multiusos da Xunqueira para participar nun Taller de Banda Deseñada, dentro do programa de Letras Vivas. O coordinador do mesmo foi Gochi, historietista e creador da editorial Cerditos de Guinea, ao que queremos dar, desde aquí, as grazas polo seu entusiasmo e dedicación ao longo das catro horas que durou o encontro.
Comezamos por un repaso ás orixes e historia do cómic para continuar cos distintos xéneros e estilos, con especial énfase no manga, apaixonante e polémico. É incrible a cantidade de cousas curiosas que se dan neste cosmos da banda deseñada e que inflúen en moitísimos campos. Descubrir de onde veñen expresións como a de prensa amarela, como surxiron os bocadillos, o motivo polo que personaxes como Spiderman continuan presentes entre nós dun xeito sempre renovado, mentres outros como Tintín quedaron como no momento da morte dos seus creadores e moitísimas máis curiosidades.

Pero o máis exquisitamente saboroso e orixinal foi cando Gochi sacou a súa caixa dos segredos e de aí sairon cousas como un lápis que só se pode atopar nos USA, rotuladores que se asemellan a pinceis, artiluxios varios que utilizan os mangakas e, entre outras moitas cousas, una mostra do inxenio oriental que mereceu un premio no campo do diseño: a GOMA DE 28 CANTOS, que mereceu esta foto en exclusiva e que nos fascinou a todos.
Para o ano próximo queremos repetir e facer as nosas creacións lapis en ristre.
No hay comentarios:
Publicar un comentario