jueves, 25 de noviembre de 2010

Exposición no Multiusos de Redondela


A exposición, que poderá visitarse nas dúas salas do edificio, reúne unha extensa recopilación de obras dos artistas Moncho Novas, e Manuel Boullosa.

O escultor natural de Pontesampaio, Novas traballa a madeira procedente da obra, paus queimados, raíz de eucalipto, pecio, etc coa que da forma a todo un universo onírico e fantasioso en pezas coma Xana, A danza, Cópula, Pez,O mundo (alusión ós poderes que moven á sociedade) ou Por que?, que denuncia a violencia e a tortura.

Manuel Boullosa, nacido en Canicouva, fai un minucioso e ben documentado percorrido pola nosa arquitectura popular, cunha recopilación de máis de 20 hórreos, da zona da Lama, Meira, Donón, etc, prazas e monumentos, así como capelas e carballos centenarios: o Carballo do Pelete, realizados todos eles en grafito e plumilla.

No hay comentarios: