viernes, 19 de noviembre de 2010

Josep María Castellet gaña o Premio Nacional das Letras Españolas

O escritor catalán Josep Maria Castellet foi galardoado hoxe co Premio Nacional das Letras Españolas 2010.

Nado en Barcelona, en 1926, Castellet foi o principal teórico e defensor en Cataluña do “realismo histórico”, do que a antoloxía: Poesia catalana del segle XX (1963), coescrita entre el e o crítico Joaquim Molas, se considera coma un manifesto desta tendencia.

Foi un dos críticos máis influintes na renovación técnica e estética que supuxo a xeración dos 70, e destacou sempre polo seu activo impulso de actividades literarias, editoriais, académicas e asociativas.

O premio concédeo o Ministerio de Cultura para distinguir o conxunto da labor literaria dun autor español cuxa obra esté considerada coma parte integrante do conxunto da literatura española actual escrita en calquera das linguas españolas. Actualmente está dotado con 40.000 €.

Publicar un comentario