miércoles, 24 de noviembre de 2010

O Club Infantil de Lectura le "Casi medio año" de Mónica B. Brozón

Casi medio año! É un divertidísimo libro sobre un rapaz de dez anos que un bo día en que atopa un caderno baleiro na casa, decide comezar escribir nel a súa vida e as súas peripecias cotiás. Ainda que o seu diario non narra aventuras espectaculares, a súa narración está chea de ironía e de momentos fabulosos que nos sacarán máis dun sorriso.

No club de lectura de Chapela fixemos un xogo de preguntas e respostas, por equipos, para saber cales de nós lembrabamos máis cousas do libro. Tamén falamos sobre o interese de escribir un diario, e animamos aos rapaces a facer un.

Expositor con libros sobre a vida cotiá e a escola

Para rematar, e do mesmo xeito queos protagonistas da novela trataban de atopar respostas consultando a Güija, nós fixemos divertidos xogos de adiviñación e telepatía.


Publicar un comentario