O pasado venres, celebrouse na biblioteca de Redondela a reunión mensual do Club de Lectura de adultos, moderado por a nosa Alexia que, aproveitando a proximidade de Halloween, veu voando no seu bastón cuadrúpedo. (Desde aquí, desexámoslle unha rápida recuperación)
O libro seleccionado, "El lector", de Bernhard Schlink, foi recibido co beneplácito da maioría, que atopou a obra moi suxestiva, aínda que tamén foron matizadas as arestas máis desapracibles do texto. Incidiuse nos aspectos éticos que tinguen todo o libro, así como en diversos puntos tortuosos que existían na relación entre os protagonistas; iso levou á formación de dous amigables bandos que defenderon con afán as súas posturas a favor dun ou outro personaxe. A verosimilitude do final da historia (que non desvelaremos aquí), foi tamén tema para un debate con opinións atopadas. Foi comentado o peso da culpa na sociedade, e como existen determinados acontecementos do pasado sobre os que se prefire non falar.
Alentados polo carácter intimista da historia, algúns membros animáronse a contar vivencias persoais nas que tiveron que confrontarse a dilemas morais. Foi unha experiencia reconfortante: ao parecer, o ben termina triunfando!
Con todo iso, as dúas horas da reunión fixéronselle minúsculas... sinal de que interesou a todos!
Un dez para todos os lectores do "Lector"!

No hay comentarios:
Publicar un comentario