Hoxe tivemos na Biblioteca de Chapela un obradoiro moi divertido co grupo de animación Crearte, e os rapaces e rapazas que se achegaron ata a biblioteca a coñecer máis de preto ao famoso pintor.
Coñeceron a cidade onde naceu, pero tamén que foi A Coruña a cidade onde viviu de cativo. Aprenderon que, xa de moi novo, se formou en debuxo e pintura a carón das ensinanzas do seu pai. Tamén se achegaron á vida parisina do autor, coa súa etapa azul, a etapa rosa... ata chegar ao xurdimento do estilo cubista.
Para coñecer mellor a idea do que supuxo a ruptura do Cubismo coas convencións da pintura, os participantes realizaron os seus propios autorretratos cubistas. Empregaron as súas propias imaxes en fotos, e a través do uso de liñas xeométricas, cores diversas, e collage, foron quen de chegar a achados moi orixinais.
Os rapaces e rapazas prestaron moita atención ás explicacións, non hai dúbida de que estaban moi motivados e, pese a que nun primeiro momento lles custou aceptar esa ruptura co seu xeito de pintar máis "coñecido", pronto foron quen de chegar a solucións moi interesantes e creativas. Felicidades a todos e todas!
A actividade se realizou grazas ao cofinanciamento entre o Concello de Redondela e a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, dentro do programa Letras Vivas.
Vídeo con fotos da actividade:
Vídeo con fotos da actividade:
3 comentarios:
Xenial, os nosos peques teñen ó seu alcance cultura e xogos. GRACIAS BIBLIO
Programais unas actividades muy atractivas para los niños, porque se lo pasan bien y aprenden sin darse cuenta. Ánimo, lo estais haciendo muy bien.
Moitas grazas polos vosos comentarios e, sobre todo, moitas grazas aos que participades connosco, facendo así posible que a Biblioteca poida facer actividades. Alegrámonos moito de que vos gusten!
Publicar un comentario