A Biblioteca Municipal tivo hoxe uns visitantes moi especiais: os alumnos de primeiro do CEIP de Cedeira.
Os mozos lectores, ademais de descubrir os servizos que ofrece a biblioteca, participaron activamente nunha sesión de contos conducida por Marisa Irimia. Despois dunha estimulante ducha, embarcáronse nas estrañas aventuras de Pedro que parte á busca do seu reflexo, roubado por unha malvadísima bruxa. Nesa pescuda, os mozos descubriron que se agocha tras o espello, e coñeceron a entrañables personaxes, como unha ra poeta e un dragón de cabeza dura, axudaron a resolver os misterios que as terribles serpes custodias propuñan e chegaron a descubrir o motivo que impulsaba a repoluda bruxa Cocorota a odiar os peiteados... Afortunadamente, que sería do pobre Pedro sen os seus novos amigos?

Moitas grazas aos nenos, a Marga e María Xosé, a Marisa e a Jerónimo (que sembrou a dúbida entre os rapaces acerca do seu parentesco con Gerónimo Stilton), por uns momentos tan alegres e divertidos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario